Mobilización en UNVI para esixir melloras nas condicións laborais

Polígono de San Cibrao
Polígono de San Cibrao das Viñas

Os traballadores e traballadoras de UNVI, empresa de automoción de Ourense dedicada á fabricación de autobuses, convocaron unha mobilización para o próximo xoves 13 de febreiro de 14:00 a 15:00 horas, co fin de denunciar as condicións do seu novo centro de traballo no polígono de San Cibrao das Viñas.

A CIG-Industria critica que a nave anexa utilizada dende o verán carece de sistema de extracción, expondo aos empregados a temperaturas extremas. O comité, con maioría de CIG e CUT, reclama solucións ou unha nova instalación adecuada, pero a dirección négase.

Esta protesta, según a CIG, non conta co apoio da UGT.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio