Sobre a morte de Bieito

redacción | 13 de abril de 2007

Foi preto do camposanto cando eu sentí­n boligar dentro da caixa ó pobre Bieito.(Dos catro levadores do cadaleito eu era un). ¿Sentino ou foi aprensión miña? Entón no poderí­a aseguralo. ¡Foi un rebulir tan maiño…! Como a teimosa puvulla que rila, rila na noite, rila de entón no meu maxí­n afervoado aquel maiño rebulir.Pero é que eu, meus amigos, non tiña seguranza, e polo tanto — comprendede, escoitade — polo tanto non podí­a, non debí­a dicir nada.
Imaxinade nun intre que eu dixese:

- O Bieito vai vivo.

Tódalas testas dos velliños que portaban cirios ergerí­anse nun babeco aglaio. Tódolos pí­caros que viñan estendendo a palma da man baixo o pingotear da cera virí­an en remuí­ño arredor meu. Apiñocarí­anse as mulleres a carón do cadaleito. Escorregarí­a por tódolos beizos un murmurar sobrecolleito, insólito:

- O Bieito vai vivo, o Bieito vai vivo…!

Calarí­a o lamento da nai e das irmáns, e axiña tamén, descompasandosea gravedosa marcha que planxí­a nos bronces da charanga. E eu serí­a o gran revelador, o salvador, eixo de tódolos asombros e de tódalas gratitudes. E o sol na miña face cobrarí­a unha importancia imprevista.

¡Ah ! ¿E se entón, ó ser aberto o cadaleito, a miña sospeita resultara falsa? Todo aquel magno asombro virí­ase inconmensurable e macabro ridí­culo. Toda a arelante gratitude da nai e das irmán, tornarí­ase despeito. O martelo espetando de novo a caixa un son sinistro e único na tarde estantí­a. ¿Comprendedes? Por iso non dixen nada.

Houbo un intre no que pola face dun dos compañeiros de fúnebre carga pasou a insinuación leviá dun sobresalto, coma se el estivese a sentir tamén o velaiño boligar. Mais non foi máis que un lampo. De seguida ficou sereo. Eu non dixen nada.

Houbo un intre en que case me decidí­n. Dirixinme ó da miña banda e, acobexando a pregunta nun sorriso deretrouso, deslicei:

- ¿E se o Bieito fose vivo?

O outro riu picaramente coma quen di: “Que ocorrencias temos”, e eu amplifiquei o meu falso sorriso de retrouso.

Tamén me vin a rentes de decilo no camposanto cando xa pousarámo-la caixa e o crego requeneaba.

- “Cando o crego remate” pensei. Mais o crego acabou e a caixa deceu á cova se que eu puidese dicir nada.

Cando o primeiro cadullo de terra, bicado por un neno, petou dentro da cova nas táboas do ataúde, rubí­ronme ata a gorxa as verbas salvadoras…. Estiveron a punto de xurdiren. Mais entón acudiu novamente o meu maxí­n e case seguranza do arrepiente ridí­culo, da rabia da familia defraudada, se o Bieito se topaba morto e ben morto.ñ Ademais o dicilo tan tarde acrecí­a o absurdo desorbitante. ¿Cómo xustificar non o ter dito ante? ¡Xa sei, xa sei, sempre se pode un explicar!¡Si, si, si todo o que queirades! Pois ben ….. ¿e se tivese morto despois, despois de o sentir eu remexerse, como quizais puidese adiviñase por algún sinal? ¡Un crime, si, un crime o me ter calado. Oí­de xa o rebumbio da xente….

- ¡Pediu auxilio e non llo deron, malpocado….!

-El sentí­a chorar, quí­xose erguer e non puido….

-Morreu de espanto, saltoulle o corazón o se sentir decer na cova…

-¡Velaí­ o tendes, coa cara torta do esforzo!

-¡E ese que o sabí­a, tan campante, aí­ a sorrir coma un pallaso!

-¿E parvo ou qué?

Todo o dí­a, meus amigos, andei tolo de remorsos. Ví­a ó probe Bieito grafiñando nas táboas nese espanto absoluto, máis alá de todo consolo e de toda conformidades, dos enterrados en vida. Chegoume a parecer que todos lí­an nos meus ollos adormiñados e longanos a obsesión do delito.

E alá pola noite – non o poide evitar – funme camiño do camposanto, coa solapa erguida, ó arrimo dos muros.

Cheguei. O cerco por unha banda era baixiño: unha pedras mal postas, apreixadas por hedras e silveiras. Paseino e fun dereito ó sitio…. Deiteime no cha, apliquei a orell, e axiña o que oí­n xioume o sangue. No seo da terra unha unllas desesperadas rabuñaban nas táboas.

¿Rabuñaban? Non o sei, non o sei. Alí­ preto habí­a un sacho… ía xa cara a el cando fiquei suspenso. Polo camiño que pasa a rentes do camposanto sentí­anse pasadas e rumor de fala. Viña xente. Entón si que serí­a absurda, tola, a miña presenza alí­, daquelas horas e cun sacho na man.

¿ía a dicir que o deixara enterrar sabendo que estaba vivo?

E fuxí­n coa solapa erguida, pegándome ós muros. A lúa era chea e os cans latricaban lonxe.

Rafael Dieste
Dos arquivos do trasno
Editorial Galaxia 1962

 

 

[...] Fonte [...]

Inés

Non coñecí­a este conto pero paréceme unha estupenda representación dunha realidade preocupante: o medo ó que dirán que importa máis que calquer outra cousa.
pd: Gostame a web, ainda que se vota en falla máis contido en galego.

13 abril 2007 a las 22:19