Jácome critica que a Xunta “gaste en temas superfluos en vez de atender o gasto social”

Jácome
Jácome

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, denunciou hoxe que a Xunta de Galicia deixou de financiar as tarxetas moedeiro, unha axuda destinada a familias con menores en risco de exclusión para a compra de alimentos. Segundo o alcalde, o Concello, encargado de tramitar estas solicitudes, non pode procesalas por falta de fondos autonómicos, o que deixa fóra do recurso a moitas familias necesitadas.

Jácome criticou que a Xunta, cun orzamento de 13.500 millóns de euros, priorice gastos superfluos sobre o benestar social. Ademais, lamenta que os concellos teñan que asumir a burocracia destas axudas cando a administración autonómica non achega os fondos. O alcalde esixe que se restablezan os recursos necesarios para garantir esta axuda esencial.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio