A música e a solidariedade únense no XI Festival Solidario de Barbadás

Festival Solidario
Festival Solidario

Barbadás colabora outro ano máis na celabración do XI Festival Solidario, un evento organizado pola Escola de Música Municipal de Barbadás (EMMB) co obxectivo de fomentar a concienciación social da poboación. “A música fomenta a colaboración e a solidariedade”, resaltou esta mañá o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, na presentación do evento. 

Esta undécima edición está adicada á asociación Morea de familiares e persoas con trastorno mental grave, polo que os beneficios recadados irán destinados integramente ao seu traballo. “O traballo que realiza Morea, dirixido en corpo e alma ás persoas con trastorno mental grave, é moi importante”, apuntou Valcárcel. 

Alfonso Díaz e Carlota Díaz, director da asociación e coordinadora dos recursos de Morea en Ourense, agradeceron á EMMB a iniciativa solidaria. “Traballamos na integración social das persoas con enfermidade mental co obxectivo de que poidan estar nas súas casas, na súa comunidade, coa mellor calidade de vida posible”, explicou o director. “Estamos moi agradecidos de que nos escollesen para este festival, a visibilidade da saúde mental é moi beneficioso para nós e para toda a sociedade”, resaltou Carlota Díaz. 

Pola súa parte, Xohán Manuel Xil Paxaro, director da EMMB, convidou á poboación a asistir ao evento, que terá lugar este sábado, día 18 de abril, ás 19,00 horas no auditorio do Conservatorio de Música de Ourense. “Cambiamos un pouco o formato que viñamos facendo e este ano construímos unha historia que nos vai levar por Escocia, Irlanda e Galicia, da man dun curioso personaxe”, detallou. O concerto contará coa participación de máis dun cento de músicos, entre alumnado e profesores. Nesta liña, o alcalde destacou o traballo e esforzo da comunidade educativa ao longo destes meses para preparar un concerto de gran calidade. 

A vicedirectora do Conservatorio de Música de Ourense, Naiara Acuña, destacou a importancia da colaboración entre escolas musicais da provincia, non só para este evento solidario, senón tamén no resto de áreas. “Estamos encantados de ceder o espazo e de axudar para que este festival sexa posible”, asegurou. 

As entradas para o XI Festival Solidario xa están á venda no Centro Comercial Ponte Vella (no punto de información da primeira planta) por un prezo de 5 euros. “Agardamos que a xente acuda e que desfrute do repertorio musical que temos preparado. Nos tempos que corren, a música é un recuncho para desfrutar”, sinalou Xil Paxaro. 

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad