Xunta e CEO presentan as axudas para economía circular e dixitalización industria 4.0

Ceo y Xunta ayudas

Os ámbitos da economía circular e a dixitalización ocupan o panorama socioeconómico dos últimos tempos e xa ningunha empresa ou particular é alleo a esta transformación que hai que levar a cabo en distintos eidos da vida e do traballo. Acordes a este mudar dos tempos, a Xunta, a través do Igape, vén de publicar as axudas para levar a cabo proxectos e actuacións en economía circular e para a dixitalización da industria 4.0.

Marisol Novoa, presidenta da CEO, foi a encargada de presentar a xornada online, destacando nun primeiro momento o interese suscitado pois aludiu ás máis de 250 pemes que conectaron para atender ás explicacións por parte de Norberto Penedo, director da área de Competitividade do Igape. Igualmente, a presidenta salientou a labor da oficina Conecta Ourense da CEO para facer chegar estas axudas ás pemes e acompañalas na súa tramitación. Por outra banda, tamén lembrou os obradoiros de dixitalización nos que a CEO desenvolveu sesións orientadas á dixitalización do sector vitivinícola con gran éxito de participación e acollida entre as adegas das denominacións de orixe ourensás, ‘foron 10 sesións nas que se profundou en temas necesarios para dixitalizar este sector como o márketing dixital internacional, enoturismo virtual, telemetría, enerxía solar fotovoltaica, ecodiseño, rastrexabilidade, firma e factura electrónica ou cálculo da pegada de carbono, entre outros moitos temas tratados’, recordou Marisol Novoa.

A continuación, Norberto Penedo fixo un repaso das axudas publicadas a finais do pasado mes de xullo e que abarcan eidos tan importantes hoxe en día como a economía circular ou a dixitalización industria 4.0. Neste apartado, Penedo destacou que poden ser proxectos individuais ou colectivos destinados á implantación de solucións para o soporte dixital de procesos ou proxectos de interconexión dixital de procesos de dúas ou máis empresas; ademais de investimentos materiais e inmateriais (equipamento informático, software, colaboracións externas…). Penedo describiu a modalidade de proxectos colectivos e individuais que as empresas poden presentar a estas axudas, entre os que se atopan os casos de empresas que queiran implantar sistemas de intelixencia artificial, interconexión de elementos físicos e virtuais, dixitalización de procesos concretos, big data ou ciberseguridade, entre un amplo abano de opcións. Para esta liña están dispoñibles 5 millóns de euros e prevese investimentos e mobilizacións por valor de 12 millóns. E como novidade establece 3 tramos para equiparar a concorrencia competitiva, para proxectos de menos de 50.000 euros, os que se sitúan entre 50.000 e 120.000, e os que superan os 120.000 euros. O investimento por parte da Xunta é de 5 millóns de euros e o plazo de presentación de solicitudes remata o 8 de setembro.

No apartado de economía circular, o director de Competitividade do Igape presentou unha nova liña para o desenvolvemento de proxectos neste campo, que poden expoñerse tamén de xeito individual ou colectivo, sendo a máxima subvención 75.000 e 200.000 euros respectivamente. Os obxectivos desta axuda van desde a redución do consumo de recursos no proceso produtivo ou mesmo da xeración de residuos a súa perigosidade e facilitar a súa reutilización ou reciclaxe. Tamén se marca como metas esta nova liña a análise do ciclo de vida do produto incorporando criterios de sustentabilidade nas compras, a implementación de novas oportunidades de negocio que persigan a reutilización e reparación dos produtos, a redución do consumo de recursos cun cambio de enfoque na prestación dos servizos, a reparación avanzada e a creación de cadeas de valor máis curtas. Entre os gastos subvencionables destacan os equipos e sistemas para monitorizar, seguir e controlar os parámetros produtivos e ambientais, ou o hardware e software intelixente que contribúa a procesar información de cara ao aforro de recursos hídricos ou enerxéticos. Esta liña subvenciona tamén a nova maquinaria e bens de equipo para o reciclaxe in situ de refugallos do proceso produtivo, e as colaboracións externas de carácter tecnolóxico para deseñar produtos ou procesos máis eficientes. Neste caso, o Igape destina millón e medio de euros para subvencionar proxectos que se poden presentar ata o 8 de setembro.

Os obradoiros de dixitalización para organismos intermedios de carácter empresarial (asociacións, clusters ou centros tecnolóxicos) foron tamén abordados na sesión de hoxe. Estes obradoiros son espazos de encontro entre empresas para explorar solucións tecnolóxicas e vías de colaboración que dean lugar a proxectos de implementación de ferramentas dixitais colaborativas para sectores concretos, algo no que a CEO traballou co sector vitinivícola para levar a cabo a transformación dixital das bodegas participantes mediante a adopción de solucións concretas a temas como o márketing dixital internacional, enoturismo virtual, telemetría, enerxía solar fotovoltaica, ecodiseño, rastrexabilidade, firma e factura electrónica ou cálculo da pegada de carbono, entre outros temas.

Ademais destas liñas xa publicadas, o director de Competitividade do Igape tamén adiantou os detalles da nova liña de axudas á loxística avanzada e sostible, orde que se publicará a próxima semana e que cubrirá o desenvolvemento e implantación de solucións avanzadas para o transporte, almacenamento e posta a disposición de produtores e consumidores de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais: reducións de custos ou prazos de entrega, do impacto ambiental ou mellorar o servizo de entrega. Neste caso tamén se contemplarán proxectos colectivos e individuais nos ámbitos de dixitalización e automatización, procesos e aplicacións e virtualización e analítica de datos. O investimento destinado a esta nova liña é de un millón e medio de euros.

Novos proxectos na CEO para o outono

A Confederación continúa desenvolvendo proxectos nos ámbitos de economía circular e dixitalización para proporcionar ás pemes da provincia as ferramentas para implantar proxectos ou solucións nestes eidos. No mes de setembro e froito dunha cooperación co Inorde e a Deputación provincial, a CEO levará a cabo un Programa de Sustentabilidade dirixido ao sector agroalimentario para acelerar a súa transformación sostible e crear valor a longo prazo. Trátase dun programa pioneiro en España para o que a CEO conta tamén co apoio de CEOE Campus e de recoñecidos expertos sectoriais en economía circular, proxectos europeos e formación. Doutra banda, o proxecto agrupado con conta individual no Marketplace Ankorstore, que lidera a CEO, permitirá que 10 empresas ourensás teñan un espazo propio durante un ano nesta plataforma B2B para que as súas marcas cheguen a retallistas europeos.

Pin It on Pinterest

Ir arriba
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad