«El Mundo de Karma«, a revolucionaria serie animada infantil creada por Chris ‘Ludacris’ Bridges, volve cunha cuarta tempada que chegará a Netflix o 22 de setembro. A primeira tempada estreouse en Netflix en outubro de 2021 en 190 países e 22 idiomas, e entrou no Top 10 de Netflix Kids en 42 países, ademais de optar a tres premios NAACP Image Awards en Estados Unidos. A segunda e terceira tempada aterraron na plataforma en marzo e xullo deste ano respectivamente, acompañadas de acordos internacionais con Mattel, Scholastic e Universal Music. O mundo de Karma tamén ten unha forte presenza en Youtube, con canles en 13 idiomas que acumulan máis de 50 millóns de reproducións ata a data. A cuarta tempada toca temas como a comunidade, a amizade e o racismo, e inclúe tamén un especial en tres partes.
«El mundo de Karma» está baseada nun concepto creado polo multigalardonado rapero, actor, produtor, empresario e filántropo estadounidense Chris ‘Ludacris’ Bridges (saga Fast and Furious, Fear Factor, Crash e conta a historia de Karma Grant, unha nova artista e rapera en cernes con gran talento e un corazón enorme. Cada episodio ten música hip-hop, moda urbana, coreografías orixinais e un sentido do humor moi particular. A serie fala da expresión persoal, a identidade, a creatividade e a importancia da comunidade.
«El mundo de Karma» é unha produción da recoñecida distribuidora, produtora e creadora de contidos 9 Story Media Group, en colaboración con Brown Bag Films, o seu estudo dublinés nomeado aos Óscar, e Karma’s World Entertainment, a produtora de Chris Bridges.