O PSdeG-PSOE de Ourense celebra mañá en Ourense e Verín dous actos polos 50 anos de feminismo e democracia con Enma López

Acto con Enma
Enma

O PSdeG-PSOE de Ourense organizará mañá dous actos na cidade de Ourense e en Verín para conmemorar os 50 anos de feminismo e democracia. A voceira adxunta da CEF do PSOE, Enma López, será a protagonista dos dous actos que se enmarcan dentro das actividades organizadas polas executivas provincial e local con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O encontro da mañá, baixo o lema «50 anos, 50 voces feministas» terá lugar na cidade de Ourense e estará protagonizado por Enma López, concelleira no concello de Madrid e voceira adxunta da CEF do PSOE, e por Natalia González Beneitez, secretaria xeral do PSdeG-PSOE na cidade de Ourense. Contará tamén coa presencia de 50 mulleres representativas da sociedade ourensá.

As asistentes proceden de ámbitos moi diversos como o cultural, social, deportivo, comercial, dos colexios profesionais e tamén do movemento veciñal entre outros. Deste xeito, configúrase unha representación ampla e plural da realidade da cidade. O acto terá lugar no mercado de Ponte Canedo e con mesmo búscase conmemorar os 50 anos de avances en igualdade e liberade para as mulleres dende o final da ditadura, recoñecendo o camiño percorrido e os retos pendentes.

Trátase dun encontro pioneiro no que participará tamén a secretaría de organización do PSdeG, Lara Méndez, e está pensado para favorecer un espazo de diálogo no que falar, debater e compartir ideas entre mulleres referentes da cidade.

Xa pola noite terá lugar o segundo dos actos do día e no que tamén será protagonista Enma López, quen participará nun parladoiro organizado pola Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense no hotel-restaurante San Roque de Verín. Contará coa intervención tamén da vicesecretaria xeral da Executiva Provincial, Marina Vaz Quintillán, e da secretaria de igualdade provincial, Eva Pérez Gamote.

Baixo o título «Datos que falan de igualdade: 50 anos de liberdade», Enma López analizará o impulso á igualdade e a loita contra a violencia de xénero, impulsada polo PSOE ao longo das últimas décadas. Dende a Executiva Provincial fan fincapé en que este novo parladoiro «é unha oportunidade para analizar a situación no país en torno a igualdade e a loita levada a cabo ao longo das últimas décadas por parte do PSOE e de milleiros de mulleres para acadar unha igualdade real e tratar de erradicar a violencia contra a muller».

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense convidan á cidadanía da cidade e da provincia a participar nestes eventos e a escoitar a intervención da voceira adxunta da CEF do PSOE, dándolle a posibilidade aos asistentes de intervir e xerar un espazo de debate e diálogo.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad