
O Concello da Pobra de Trives está inmerso nun amplio plan de obras que busca mellorar o firme, renovar servizos e modernizar infraestruturas en distintos puntos do municipio. Entre os proxectos máis destacados figura a reparación do pavimento e renovación das tubaxes no entorno do Centro de Saúde, financiada integramente con fondos municipais. Tamén se avanza na estrada de A Encomenda a Mendoia, cun orzamento de 97.828,35 euros, e na mellora do firme en Santa María, cun investimento de 80.365,24 euros.
Estas actuacións súmanse a outros traballos menores que superan os 50.000 euros. “Estamos a actuar en numerosos puntos do municipio porque entendemos que o mantemento e mellora das infraestruturas é esencial…”, afirmou a alcaldesa Patricia Domínguez, destacando o compromiso con un Trives máis seguro e accesible.






