Campamentos de música e inmersión lingüística para 100 rapaces en O Corgo, Muiños

Campamentos
Campamentos

A Deputación de Ourense organiza os campamentos de verán «Music Camp 2025» e «Explora Ourense -English Camp 2025», que se desenvolverán no complexo turístico de O Corgo, en Muíños. Os 100 mozos da provincia participantes desfrutarán de actividades de aventura, deporte, animación, música e inmersión lingüística. As inscricións para o primeiro campamento xa están abertas, mentres que a modalidade Explora Ourense admite solicitudes a partir de mañá, 24 de xuño.

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, presentou a programación destes campamentos no Centro Cultural Marcos Valcárcel, poñendo en valor a aposta pola «conciliación e o ocio» con actividades que «contribúen ao lecer e á formación» dos rapaces.

Fernando Calvo, organizador do Music Camp, definiu o campamento como «100% musical» e destacou as actuacións en directo como gran atractivo das actividades das que desfrutarán os mozos.

Por outra banda, Paulo Vázquez, representante de Sustinea, sinalou sobre o Explora Ourense que o obxectivo é «que os nenos saian das aulas e experimenten nun entorno natural».

Actividades de guitarra, canto, batería, piano e baile

O primeiro campamento será o «Music Camp 2025», unha oportunidade para que os mozos compartan música, o traballo en grupo, o respecto aos demais e o sentido da responsabilidade persoal. Segundo a área de Cultura da Deputación, apóstase porque todas as actividades de ocio-deporte-aventura que se desenvolven no campamento, se realicen nun entorno «san e en plena natureza», escollido e organizado para que os nenos, ademais de divertirse, desenvolvan novas habilidades e capacidades necesarias para coñecer o medio natural e rural que lles rodea,  teñan unha experiencia memorable e creen lazos de amizade con outros compañeiros.

Entre as actividades, destaca o apartado musical  con clases de guitarra, canto, batería, piano e baile en grupo con ensaio de coreografías.

Nas actividades de aventura están previstas as de kayak, piragüismo e actividades acuáticas no club náutico de Muíños. Nas deportivas, destaca fútbol, baloncesto ou patinaxe coa organización de campionatos e xogos nocturnos.

Este primeiro campamento será de sete días e seis noites, para 50 nenos con estudos musicais de 13 a 17 anos. Celebrarase desde o día 25 ao 31 de xullo.

Inmersión lingüística

O seguinte campamento tematizado é «Explora Ourense – English Camp 2025», que suporá para os mozos unha oportunidade para descubrir, a través de xogos e dinámicas de grupo cunha metodoloxía lúdica, o mundo da natureza.

Combínanse diversidade de actividades educativas en contacto coa natureza, desenvolvendo a sensibilidade que permite identificar os valores humanos e de convivencia na mesma, con xogos e dinámicas de grupo, obradoiros, excursións, actividades multiaventura e debates sobre os problemas e solucións do noso planeta.

Os English Camp desenvolveranse en dúas quendas. En primeiro lugar, realizarase un campamento de 6 días para 25 nenos, de 9 a 11 anos, do día 26 ao 31 de xullo. A segunda quenda será para 25 nenos, de 12 a 14 anos, do dia 1 ao 6 de agosto. Ademais, reservarase unha praza por quenda para menores en situación de vulnerabilidade (en caso de que non se cubran pasaran a prazas ordinarias).

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad