A Deputación de Ourense aproba as bases das subvencións a deportistas individuais

Diputación de Ourense y Progreso
Diputación de Ourense

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar, na súa  sesión celebrada esta mañá, as bases reguladoras da convocatoria do concurso para a concesión de subvencións a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais durante a temporada 2023 – 2024.

O obxecto destas bases é a regulación da tramitación e concesión, por parte da Deputación Provincial de Ourense, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de becas a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais durante a temporada 2023 – 2024, coa finalidade de fomentar a práctica deportiva e incentivar aos deportistas ourensáns cualificados mediante o recoñecemento da súa traxectoria e rendemento deportivo.

A contía máxima dispoñible para a concesión destas subvencións é de 40.000,00 euros, sendo de 3.000 euros como máximo por solicitante.  Poderán concederse subvencións de diferente contía, en función dos méritos e categoría dos deportistas solicitantes. O prazo improrrogable de presentación iniciarase a partir da publicación da convocatoria regulada nestas bases na Base de Datos Nacional de Subvencións, e rematará o 28 de febreiro de 2025, sendo este o derradeiro día no que poderán presentarse as solicitudes.

Por último, tamén foi aprobada unha expropiación forzosa para execución das obras de proxecto de restauración de baño sobre o río Edo na área «Ponte das Táboas», no termo municipal de Castro Caldelas.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio