Se hai algo no que concordamos a absoluta totalidade dos veciños de Carballiño é en que o Parque Municipal é unha das nosas máis grandes xoias. Un lugar privilexiado con moito potencial e que debe ser coidado con moito mimo.
Os únicos que semellan non estar pola tarefa son os 11 membros do goberno PP-PSOE liderado por Fumega.
Este só pensa no Parque a semana anterior á Festa do Pulpo é á hora de seguir fundindo cartos públicos na Fábrica de Papel.
O abandono que padece toda esta área dende hai anos, provoca unha imaxe lamentable da que se queixan amargamente tanto visitantes como usuarios habituais.
A lamentable imaxe do parque infantil, o mobiliario roto dende hai anos, a avenida do Arenteiro coas beirarrúas intransitables, o paseo do outro lado do río a xeito de zona de guerra…
E a todo isto temos que engadir agora a constante caída de árbores en zonas con habitual tránsito de persoas.
A irresponsabilidade compartida polo PSOE-PP reflicte á perfección a realidade dos últimos anos no Carballiño: acordos en falso de Fumega e Marnotes enredando con cuestións coma o concurso de ideas , con promesas ao vento, con titulares por dúcias e coa nada máis absoluta coma resultado final.
O noso Parque Municipal merece outro trato por parte dos seus responsables directos polo que pedimos ao PSOE-PP que saquen un oco na súa apretada axenda de fotos sen contido e que se poñan a traballar con urxencia en arranxar os moitos problems que ten.
Espazo Común do Carballiño