A biblioteca Nós acolle unha exposición cos mellores traballos da Escola de Artes e Oficios

Biblioteca Pública Municipal de Ourense
Biblioteca Pública Municipal de Ourense

A biblioteca pública Nós acolle desde esta tarde unha exposición cunha escolma dos mellores traballos realizados polos alumnos da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense ao longo do presente curso.

Son, en total, máis de 70 traballos que representan as diferentes disciplinas que se imparten na escola e que van de debuxo e pintura a talla en madeira, pasando por oleiría e modelado en barro, onde reciben formación máis de douscentos alumnos.

A exposición, que leva por título xenérico » 133″ por ser os anos de vida da escola, poderá visitarse na biblioteca pública entre o 20 de maio e o 19 de xuño do ano en curso.

Como novidade, na exposición deste ano da escola de artes e oficios inclúe na súa selección varios instrumentos tradicionais elaborados no Obradoiro de instrumentos da propia Deputación de Ourense.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio