O PSdeG-PSOE considera de «extrema gravidade» que Jácome se desentenda da súa responsabilidade na xestión do Club Ourense Baloncesto

Wilson Jones

O PSdeG-PSOE de Ourense considera de «extrema gravidade» que o alcalde de Ourense se desentenda da súa responsabilidade na xestión do COB, logo de que o máximo responsable no Concello rexeitara novamente ofrecer as explicacións pertinentes sobre os «preocupantes feitos» que están a saír á luz arredor do equipo no seo do Consello Municipal de Deportes que el mesmo preside, logo da ruptura do bigoberno.

«O grupo socialista leva varias semanas pedindo todo tipo de explicacións, tanto en relación ao funcionamento do propio grupo de administración coma no que se refire ás amezas expresas por parte do grupo Hereda de retirar o aval necesario para que o COB poida competir na LEB»

Wilson Jones

«O máximo representante do Concello, que é un dos principais accionistas do COB, desenténdese, o cal nos parece gravísimo», condenou Jones, ao tempo que apuntou a tres posibilidades: «que o alcalde ignore o que está a acontecer; que coñecéndoo, non dea explicacións, co cal estaría a mentir; ou o que nos sospeitamos, que non coñeza nada e minta para ocultar a súa ignorancia, que é moito máis grave».

«Sospeitamos que cando Pedro Fernández, CEO do grupo Hereda, fala de que se sinte traizoado por certa xente, está a falar do alcalde, quen seguramente lle prometeu a venda das accións do COB e logo non puido levalo a cabo porque non ten capacidade de xestión, nin coñecemento nin é quen de chegar a acordos con ninguén», manifestan os socialistas.

Así as cousas, advirten que non se conformarán con evasivas e censuran os intentos do alcalde de impedir o labor fiscalizador da oposición, logo de que Jácome ameazase e lle retirase a palabra ao concelleiro Jones durante a sesión celebrada hoxe. A este respecto, o edil lamenta «os tics ditatoriais» do máximo representante do Concello, un comportamento «indigno dun rexedor local» e que xa é «tristemente habitual» na maior parte dos plenos.

Desprezo ao deporte local

«O COB non merece este desprezo por parte de Jácome», sinalan dende o grupo socialista, ao tempo que reclaman «respecto» ante o incesante maltrato do alcalde aos conxuntos máis emblemáticos e representativos do deporte local na cidade.

Neste sentido, dende o grupo socialista lembran non é a primeira vez que o alcalde actúa deste xeito e sinalan que a propia UDO foi obxecto de «ataques furibundos» de Jácome cando a súa masa social rexeitou, de xeito democrático, a fusión co Ourense Club de Fútbol. Tamén salientan as «promesas delirantes» do alcalde cando anunciou compra do DUX Internacional, un club de fútbol da primeira división RFEF con sede en Villaviciosa de Odón (Madrid).

Os e as socialistas alertan de que os intentos do alcalde-empresario Jácome por manipular politicamente o devir do deporte ourensán poden provocar a desaparición de clubs emblemáticos como o COB e esixen que o alcalde achegue explicacións do que está a acontecer canto antes e deixe de menosprezar os equipos locais.

Pin It on Pinterest

Ir arriba
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad