O alcalde denuncia que o voceiro municipal do PSOE realizou alegacións a título individual contra as modificacións de crédito do Concello

Concello de Ourense de noche
Concello de Ourense de noche

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, denuncia que o voceiro municipal do PSdeG-PSOE, Rafael Rodríguez Villarino, realizou alegacións a título individual contra as modificacións de crédito do Concello que se debaterán na sesión plenaria que terá lugar o vindeiro mércores, 13 de xullo.

O alcalde sinala que “estas alegacións, feitas á marxe da propia organización á que pertence o señor Villarino, poderían significar que o PSOE non o apoia no seu burdo intento de frear investimentos para a cidade de Ourense”. As alegacións asinadas polo voceiro socialista din expresamente que estas son só na súa propia persoa.

Para Gonzalo Pérez Jácome, está claro que “é incrible como o número un do PSOE provincial e voceiro municipal loita á marxe do seu partido para que Ourense non poda investir o diñeiro do Concello parado nos bancos”. “Villarino parece seguir a filosofía de: canto peor Ourense, mellor para el”.

As alegacións do voceiro socialista son as seguintes:

  • Resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación orzamentaria 5P/2022 crédito extraordinario e suplemento de crédito para diversas actuacións de medio ambiente.
  • Resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación orzamentaria 6P/2022 (crédito extraordinario e suplemento de crédito para gastos da Concellería de Artes e Festexos).
  • Resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación orzamentaria 8P/2022 (crédito extraordinario e suplemento de crédito para gastos da Concellería de Seguridade Cidadá).
  • Resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación orzamentaria 10P/2022 (crédito extraordinario e suplemento de crédito para gastos da Concellería de Turismo, Termalismo, Participación Cidadá e Xuventude).
  • Resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación orzamentaria 12P/2022 (crédito extraordinario para gastos de promoción económica).
  • Resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación orzamentaria 13P/2022 (crédito extraordinario e suplemento de crédito para gastos de mobilidade e transporte).

Pin It on Pinterest

Ir arriba
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad