Trives suma talento novo ao rural grazas ao Campus Rural

Trives
Trives

O Concello da Pobra de Trives vén de adherirse ao programa Campus Rural, unha iniciativa impulsada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, en colaboración co Ministerio de Universidades, que facilita que estudantes e titulados/as universitarios/as poidan realizar prácticas académicas en concellos rurais de todo o Estado.

Grazas a este programa, o concello trivés incorpora ao seu equipo a un mozo titulado en Enxeñaría Agrícola pola Universidade Politécnica de Madrid (UPM) e con máster na Universidade de Granada, que comeza a súa estadía en Trives para colaborar no impulso de proxectos ligados ao medio rural e ao desenvolvemento sostible. A alcaldesa, Patricia Domínguez, salientou a importancia desta colaboración: “Para Trives é unha oportunidade de sumar talento, ideas novas e enerxía, e tamén unha forma de seguir apostando polo rural como espazo de vida e futuro”.

Durante a súa estancia desenvolverá diversas tarefas técnicas vencelladas ao ámbito agrícola, forestal e medioambiental. Entre outras responsabilidades, prestará apoio na elaboración, seguimento e avaliación de proxectos relacionados co desenvolvemento rural e a mellora das infraestruturas agrarias. Tamén colaborará na supervisión de obras promovidas polo concello nos sectores agrícola e forestal, e ofrecerá asesoramento a agricultores e gandeiros locais sobre boas prácticas agrarias, sostibilidade e cumprimento da normativa vixente.

Así mesmo, participará en programas municipais orientados á mellora do medio ambiente, á prevención de incendios forestais e á ordenación do territorio rural. Outro dos seus cometidos será a recollida e análise de datos sobre o uso do solo, os cultivos tradicionais e os recursos naturais presentes no municipio, ademais de apoiar na tramitación de subvencións e na xestión de expedientes técnicos. Colaborará tamén en campañas de sensibilización e educación ambiental destinadas á cidadanía, contribuíndo a reforzar o vínculo da veciñanza co seu contorno.

O programa Campus Rural supón unha oportunidade para fortalecer a conexión entre o mundo universitario e os territorios rurais, favorecendo o desenvolvemento local mediante a achega de coñecemento especializado e brindando aos participantes unha experiencia directa e enriquecedora no rural.

A alcaldesa trivesa, Patricia Domínguez, celebrou onte unha primeira xornada de traballo xunto ao alumno recén incorporado e a Cristina Paz, concelleira de Persoal; na que aproveitou para darlle a benvida a Trives e celebrou a oportunidade que un programa coma este brinda a ambas partes. 

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad