Prosagap pide dar marcha atrás á supresión da puntuación Covid nas OPE

Hospital Universitario de Ourense CHUO
CHUO

O Sindicato Prosagap, quere reiterar o seu desacordo e malestar, polo firmado e apoiado por unanimidade na mesa sectorial polos responsables do Sergas e os sindicatos sindicatos, Csif, Ugt, CCOO e CIG, o 26 de xuño de 2025, onde se acordou eliminar a puntuación adicional acadada polos traballadores do Sergas durante a pandemia do Covid, para os procesos de listas de contratación e OPE de este e vindeiros anos.

Que saiu publicado no DOG n° 242, do 1 de decembro de 2020, como se ía aplicar esa puntuación extra segundo a categoría profesional, e que en ningún punto da publicación pon que esa puntuación teña unha data de remate.

Se os traballadores foron “premiados”, con unha puntuación adicional por traballar durante a pandemia, dobregándo turnos, moitos sen poder voltar os seus fogares para non contaxiar a ningúen, estando dispoñibles durante toda a pandemia, indo traballar fóra do seu lugar habitual ás residencias da terceira idade intervidas, e correndo moitos riscos, tanto físicos como psicolóxicos, baixo ningunha causa se lles pode retirar agóra dita puntuación, xa que todos estes traballadores saen gravemente perxudicados á hora das puntuacións.

Consideremos que esta puntuación non é discriminatoria para quen non a teña, xa que tamén se puntúan outros aspectos nas listas de contratación e OPEs, os cales pódense considerar discriminatorios para quen non estea en posesión deles.

Recordamos que os sindicatos estamos para tomar decisións que axuden os traballadores, non que os perxudiquen, e moito menos para roubarlles unha puntuación gañada a pulso nunha EMERXENCIA SANITARIA A NIVEL MUNDIAL.

Dende Prosagap, pedimos á mesa sectorial que dean volta atrás neste tema que perxudica gravemente os traballadores, e solicitamos que a partir de agóra a mesa sectorial informe das súas decisións con tempo aos traballadores e aos sindicatos que non forman parte de dita mesa.

Nota de prensa do sindicato PROSAGAP

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad