O PSdeG de Ourense rende homenaxe ás vítimas do exilio pola súa contribución á democracia

Sede del PSOE
Sede del PSOE

A Comisión Executiva Municipal (CEM) do PSdeG de Ourense lembrou e homenaxeou aos máis de 500.000 españois e españolas que tiveron que abandonar o seu país obrigados pola guerra civil e a ditadura e fuxindo da represión franquista co gallo do Día das Vítimas do Exilio. Fixérono coa colaboración da Fundación Carlos Velo (FCV), grazas á cal se puideron exhibir as curtametraxes filmadas polo cineasta ourensán no exilio mexicano «Los niños del Morelia», «Éxodo», «México 1939», «Lázaro Cárdenas», «Vida política», «Vida cotidiana», «Vida cultural», «Poetas sin retorno» e «Adiós República».

O acto, que tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, foi de entrada libre ata completar aforo e nel interviron Natalia González, secretaria xeral da CEM; Armando González, membro da directiva da entidade cultural e fundador da mesma; e Xosé Lois Carrión, secretario de Memoria da CEM.

«Mantiveron viva a chama da Democracia e, co Goberno republicano no exilio, contribuíron a erosionar a ditadura e recuperar a democracia no noso país. É de xustiza re coñecelo e non esquecelo», destacou a tamé portavoz dos e das socialistas no Concello de Ourense.

«Estes exiliados atoparon unha cálida acollida no continente americano, onde ata os anos 60 chegaron decenas de miles de compatriotas dende diferentes puntos de Europa e do norte de África. Máis concretamente, un dos países que acolleron a estes compatriotas foi México, onde ao redor de 50.000 persoas atoparon acubillo», expuxo o secretario de Memoria da CEM.

«E xa que estamos a ver unhas curtas do ourensán de Cartelle Carlos Velo Cobelas, sinalar que marchou ao exilio desde Saint Nazaire, o 21 de abril de 1939, chegando 2 semanas despois a Veracruz. Viaxou a bordo do buque Flandre, un vello transatlántico francés», puntualizou sobre o cineasta que servíu de eixo vertebrador para abordar a homenaxe ás vítimas.

Pola súa banda, o fundador e membro da directiva da FCV, fixo fincapé durante a súa intervención na historia do biólogo e ourensán exiliado en México que dá nome á fundación que el representa e de como chegaron á mesma as curtas realizadas sobre o exilio republicano español.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad