O PP de Ourense pide a dimisión inmediata do alcalde socialista de Verín polo seu “continuo desprezo á legalidade”

Concello de Verín
Concello de Verín

O Partido Popular de Ourense esixe a inmediata dimisión do alcalde socialista de Verín, Gerardo Seoane, logo de facerse pública unha sentenza da Audiencia provincial de Ourense que o condena por un delito contra a ordenación do territorio, impoñéndolle unha pena de prisión de dous anos e inhabilitación especial para o exercicio do sufraxio pasivo durante o tempo da condena.

A dirección do PP ourensán mantén que o socialista Gerardo Seoane non pode seguir nin un minuto máis na presidencia da corporación municipal de Verín, onde demostrou desde a súa chegada á alcaldía un «continuo desprezo á legalidade». Unha rexeitable forma de facer política local, destacan os populares, que se traduce nos máis de 600 reparos de legalidade formulados pola secretaria e o interventor, sen que na práctica totalidade dos casos foran atendidos polo rexedor. Ademais, o alcalde tamén ten abertos na actualidade outros procedementos xudiciais.

O alcalde do PSOE debe abandonar o Concello de Verín, mesmo renunciando á súa acta de concelleiro, incide a dirección do PP, pola comisión dun grave delito ligado directamente ao exercicio das súas funcións. É dicir, unha decisión de carácter público que tamén implica unha responsabilidade política.

Xulgar a autorización dunhas obras no entorno dunha igrexa catalogada por Patrimonio, sen proxecto técnico nin a correspondente autorización da Xunta de Galicia, non é «ir contra o alcalde, nin contra a súa persoa nin con fin partidistas», como di o propio rexedor. Trátase, engade o PP, de depurar responsabilidades legais no ámbito da xustiza e, desde a perspectiva política, poñer fin á caótica situación na que se atopa o Concello de Verín polo proceder do alcalde.

O PP tamén esixe unha contundente resposta por parte do PSOE, emprazando á ás direccións socialistas en Ourense e Galicia a forzar a dimisión do ata agora alcalde de Verín. Neste sentido lembran que mesmo a portavoz do PSOE no Parlamento de Galicia, Lara Méndez, declarou que tomarían medidas se a xustiza concluía a existencia de irregularidades no proceder de Gerardo Seoane.

Do mesmo xeito, os populares tamén esixen un rotundo posicionamento do BNG como socios de goberno de Gerardo Seaone en Verín, advertindo que o silencio «non é unha resposta aceptable ante o fallo da xustiza».

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad