Jácome corta co Partido Popular e déixao fora do goberno da cidade

Gonzalo Pérez Jácome

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome retiroulles hoxe as competencias delegadas os concelleiros do Partido Popular que formaban parte do goberno municipal da cidade de Ourense e o grupo de Democracia Ourensana gobernará desde hoxe en solitario o Concello. Así o anunciou esta maña Pérez Jácome, logo de que os concelleiros do PP Jorge Pumar, secretario local do PP na cidade, e Flora Moure, portavoz do grupo municipal, non acudisen esta mañá á co polo alcalde para que reafirmasen o compromiso de continuidade do Partido Popular no goberno da cidade de Ourense.

Jácome considera “intolerable” que desde o PP se puxese en dúbida a continuidade do pacto de goberno e que os concelleiros non acudisen á cita convocada na Alcaldía para clarificar a situación. O “plantón” desta mañá, dixo o rexedor, é “a gota que colma o vaso”. “O Concello non pode xogar aos tempos que marquen os intereses electorales do PP”, manifestou.

O Concello non pode xogar aos tempos que marquen os intereses electorales do PP

Gonzalo Pérez Jácome

Gonzalo Pérez Jácome retiroulles as competencias de goberno que lles foran delegadas aos concelleiros do Partido Popular. Tampouco participarán nas xuntas de goberno e lles retirará dedicacións exclusivas. “A ruptura é taxante”, concluiu Pérez Jácome, quen avanzou que Democracia Ourensana gobernará en solitario o Concello, e que o fará “mellor”: “Ourense está en marcha e non o podemos frear polos intereses doutro partido que está facendo como o cabalo de Troia. Seguiremos gobernando a cidade os 4 concelleiros de Democracia Ourensana, e o faremos moito mellor”.

O alcalde comparou o mandato municipal cunha carreira de 1.500 metros, con catro voltas, para explicar: “estamos na última volta da carreira de 1.500, quedan 10 meses, onde se vai definir todo, e imos demostrar do que somos capaces. Imos dar o mellor de nós para que Ourense poida estar onde se merece, e o imos conseguir”, asegurou.

Jácome asinou este mediodía o novo decreto de delegación de competencias nos concelleiros do novo goberno municipal, entre os que xa non figura ningún do PP. O alcalde asume provisionalmente as competencias que os edís do PP tiñan delegadas até agora. Tamén asinou o decreto no que nomea integrantes da xunta de goberno local, que serán o propio alcalde e os tres concelleiros de DO: Armando Ojea Bouzo, Antonio Fernández Martín e Telmo Manuel Ucha Alvarez.

Vídeo da rolda de prensa

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad