Jácome considera “un desprezo a Ourense absoluto” que o PP diga que o AVE aínda non chegou a Galicia

Tren AVE en estación de Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome cualificou esta mañá de “intolerable” que o PP diga que o AVE aínda non chegou a Galicia. “É un desprezo a Ourense absoluto”, asegurou o rexedor, en resposta ás declaracións realizadas no día de onte pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado e o vicesecretario de organización do PP, Miguel Tellado, nas que manifestaban que “seguimos agardando a chegada do AVE a Galicia. O AVE chegou a Ourense, pero non chegou a Galicia”.

“Non nos deixan desfrutar dun día de festa porque as noticias que nos chegan da Xunta de Galicia ou do estado español son sempre malas para Ourense, incluso nos días de festa”, manifestou Gonzalo Pérez Jácome, quen asegura que as declaracións de Paula Prado son unha “frase lapidaria. Dixo: o AVE chegou a Ourense pero non a Galicia. E como alcalde debo dicir que esta frase mostra unha absoluta discriminación e explica por qué levamos tantos anos discriminados. Ourense é simplemente un sitio de paso e que o que realmente importa de Galicia son Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña e outros sitios”.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad