Ribadavia prepárase para celebrar o próximo luns un Magosto cheo de sabor e tradición

Vistas de Ribadavia
Vistas de Ribadavia

Ribadavia celebrará o vindeiro luns, 11 de novembro, o seu tradicional Magosto, un evento no que a música, a gastronomía e o ambiente festivo da época outonal galega se darán cita. A Alameda de Ribadavia será o escenario do Magosto a partir das 20:00 horas, e en caso de choiva, a festa trasladarase ao recinto da Picuxa.

A Fanfarria Farruxa animará a noite con música en directo, e haberá postos con chourizos, castañas asadas, pan, bica, viño, auga e licor café, produtos típicos do Magosto que os asistentes a festa poderán degustar. Dende o Concello, invitan a veciños e visitantes a gozar o próximo lunes dunha noite de tradición, comunidade e música no corazón de Ribadavia.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio