Concentración en Megatech Ourense para reclamar unas condiciones dignas de trabajo, el próximo martes 27 de septiembre

Megatech Ourense Polígono Pereiro

El comité de empresa de Megatech en Ourense ha anunciado una concentración delante de la factoría, en el polígono de Pereiro de Aguiar, para reclamar unas condiciones dignas de trabajo.

Será el martes 27 de septiembre, desde las 13:00 a las 15:00 horas.

Comunicado del Comité de Megatech Ourense

Reproducimos íntegro el comunicado conjunto del comité de empresa de Megatech, formado por CCOO Industria, CIG Industria, UGT, USO:

Despois de que o comité de empresa, na reunión do 8 de xullo de 2022, lle expuxera á empresa os puntos que quería negociar, e que como demostración da boa fé negociadora do mesmo, coa decisión adoptada en asamblea, votase deixar atrás a concentración de protesta, prevista para o día 14 de xullo, coa sinatura pola empresa da acta, na que se comprometeu a estudiar os puntos trasladados polo comité. Logo, se volven a sentar, as partes, o día 30 de agosto e a empresa tira por terra todos os puntos importantes negándose a  negociar nada que teña que ver coa parte económica (xornada, salarios, horas nocturnas, etc). A empresa escúdase nos malos números económicos que din eles, cando as contas da empresa dan beneficios cuestión que non cadra e que pretenden que se lles crea porque o din eles.

O comité segue reclamando á empresa solucións ante as dificultades que están a ter coa carga de traballo e que a dirección da empresa se abra a negociación e lograr así unha mellora das condicións de traballo. 

Existe, ademáis, unha altísima carga de traballo que obriga ao persoal da factoría a facer innumerables esforzos que, de ningunha forma, se ven recompensados pola dirección de empresa. Afirman que faltan medios materiais e persoal para afrontar esta carga, levando a moitos compañeiros/as ao límite, derivando en baixas por estrés e ansiedade. 

Por riba, denúnciase a contratación excesiva de traballadores/as por medio de ETT, no mesmo número que os da propia empresa, o que supón, claramente, unha precarización laboral e unha ausencia de dereitos para estes/as traballadores/as, que están sendo sometidos/as a contratacións, de semana en semana, cando, en realidade, se trata de man de obra fixa e necesaria para o correcto desenvolvemento da actividade empresarial durante todo o ano, incurrindo en fraude á nova normativa laboral.

Por outro lado, reclaman á dirección desta empresa un cambio de actitude, xa que estiveron gañando tempo para vir sen proposta ninguna, pechándose a entrar en calquera tipo de negociación para a mellora das condicións dos seus traballadores/as. Tampouco cumpre cos acordos acadados e rexistrados nas actas, cun trato inhumano aos compañeiros/as.

Ante esta postura, o comité convocou asamblea de traballadores o día 7 de setembro, na que se tomou a decisión de retomar a vía das mobilizacións, dada a falta de compromiso e seriedade da empresa, que parece que só quería gañar tempo e desconvocar a mobilización prevista para xullo.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad