A federación de ANPAS de centros públicos celebra asemblea e xornada de convivencia no Barco De Valdeorras

Cartoons

O CEIP Julio Gurriarán, no Barco de Valdeorras, acollerá este sábado 2 de xullo a Asemblea da Federación Provincial de Asociacións de Nais e Pais de Centros Públicos de Ourense, FAPA As Burgas. Están convocados un cento de representantes doutras tantas ANPAS integradas nesta Federación. Na orde do día da asemblea, aparte da aprobación se procede de contas e presupostos, figura unha proposta de actualización dos estatutos para adaptalos a novidades lexislativas e cambios ou ampliacións nas actividades da FAPA. A Xunta directiva, presidida por José Antonio Álvarez Caride, opta á un novo mandato incorporando xente con ideas e gañas de traballar a prol dun ensino público de calidade.

Despois da asemblea presentarase ós asistentes o proxecto de Escola de PaIs e Nais Pola Igualdade de Xénero a desenvolver entre setembro e novembro próximos en nove sesións en centros de Ourense, O Carballiño, Ribadavia, Celanova, Allariz, Maceda, Xinzo de Limia, Verín e O Barco de Valdeorras. Este proxecto pretende orientar ás familias na “co-educación” e na promoción de condutas acordes ca Igualdade de Xénero e a Prevención. Proporcionar Estratexias para a prevención e detección de condutas agresivas e violentas De maneira particular, formar ás familias, nais, pais e titores ou titoras na prevención do acoso e a prevención de condutas no uso das Redes Sociais e Novas Tecnoloxías da Comunicación, en particular aquelas que xeneral problemas de convivencia como o machismo, a xenofobia e a violencia de xénero.

Ás 12.30, no propio CEIP Gurriarán, a compañía Excéntricas, dos cómicos Josito Porto e Víctor Mosqueira, representarán Cartoóns, un espectáculo cómico-clown silencioso, que berra a prol da reciclaxe, a natureza e a solidariedade.

A FAPA As Burgas iniciará no encontro de O Barco unha nova edición do programa Escolares Camiñando en Familia coa realización dunha andaina de 5 quilómetros do Camiño de Inverno polas arredores da vila. Esta actividade terá continuidade durante xullo e ata o outono, con camiñatas en días salteados, seguindo etapas da Vía da Prata, para chegar a Santiago de Compostela o 8 de outubro. As etapas están concibidas para poder realizalas en grupos de familias, con nenos, coñecendo a riqueza patrimonial e espiritual do camiño e a experiencia de compartilo. A experiencia de edicións pasadas, e as gañas de botarse de novo ó camiño,

Os participantes no encontro da FAPA As Burgas de de O Barco coñecerán tamén o O Obradoiro de Xogos Populares, coidando as nosas tradicións que a Federación levará por distintos centros escolares o próximo curso escolar.

Pin It on Pinterest

Ir arriba
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad