A CIG-Industria mobilízase en Ourense por un convenio digno no siderometal

Protestas do Metal en Ourense
Protestas do Metal en Ourense

Delegados e delegadas da CIG-Industria mobilizáronse hoxe martes pola tarde diante da sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) para esixir un convenio colectivo digno no sector do siderometal. A protesta, chega tras a última oferta da patronal, que non contempla ningunha suba salarial e supón unha perda de dereitos os traballadores.

O persoal decidiu iniciar mobilizacións tras unha asemblea na que denunciaron a proposta empresarial como “moi lesiva”. Durante a concentración, reclamaron unha revisión salarial xusta e rexeitaron medidas como a bolsa horaria ou o novo período de proba, que empeorarían permisos e licenzas. A CIG-Industria critica que a patronal condicione calquera mellora salarial á aceptación das súas esixencias.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio