Luis Menor visita o Parque de Bombeiros de San Cibrao

Luis Menor no parque de Bombeiros de San Cibrao
Luis Menor no parque de Bombeiros de San Cibrao

Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense, fixo unha visita na mañá de hoxe martes o parque de bombeiros provincial no Polígono de San Cibrao das Viñas, que presta servizo a máis de 30.000 habitantes da provincia e ao 70-80% da industria da provincia.

Menor subliñou a importancia estratéxica deste parque, en funcionamento desde hai máis de 20 anos. Tamén anunciou melloras nas instalacións e dotacións. Ademais, avanzou a posibilidade de crear un novo parque comarcal que amplíe os servizos e responda ás crecientes necesidades industriais e poboacionais da zona.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio