Vigo contará coa primeira clínica interdisciplinar de Galicia 100% especializada en tratamentos linfovenosos e lipedema

Clinica C1dema de Vigo

Coa inauguración desta clínica, Vigo convértese nunha localidade referente no tratamento das patoloxías linfáticas, ofrecendo uns métodos de drenaxe que ata o de agora só aplicábanse en cidades como Madrid, Barcelona ou Valencia.

A apertura de C1dema efectuarase en poucas semanas, dando resposta a patoloxías non moi coñecidas pero dunha incidencia moi elevada e sobre as que houbo múltiples avances nos últimos anos.

Os profesionais da clínica tratarán afeccións como o linfedema, unha patoloxía secundaria ao tratamento do cancro, que afecta aproximadamente a unha de cada catro mulleres tras unha mastectomía. O resultado nestes casos é un brazo edematoso (inchado) e pouco funcional que afecta á calidade de vida das pacientes.

Estas pacientes descoñecen o risco de padecer linfedema e, cando se produce, sofren a falta de información sobre como abordar a súa enfermidade.

O tratamento, que se ofrecerá en C1dema seguindo o Método Godoy, inédito ata o de agora en Galicia, permitirá previr a aparición desta patoloxía e reducir os seus síntomas nos casos avanzados.

Outras patoloxías tratadas en C1dema serán o lipedema, unha enfermidade infradiagnosticada que produce a acumulación de graxa patolóxica xeralmente nas pernas e que afecta aproximadamente ao 10% das mulleres; e o flebedema, consistente nunha insuficiencia do sistema venoso moi habitual en persoas de idade avanzada ou en pacientes con patoloxía linfática.

A clínica, situada na Rúa Zaragoza nº 9 de Vigo dispoñerá da última tecnoloxía para tratar o tecido graxo (Deep Slim) sala de curas para tratamento post operatorio, sala de medicións e fotografías para monitorizar a evolución dos tratamentos, sala de exercicios miolinfocinéticos de membro superior e inferior, así como de múltiples boxes privados con tablet e televisións que estarán ao dispor dos pacientes durante os tratamentos.

Pin It on Pinterest

Ir arriba
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad