Pedro Sanchez anuncia que hoxe martes aprobarase o subsidio por desemprego para as traballadoras do fogar

Pedro Sánchez

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que o Consello de Ministros aprobará hoxe martes a norma que garante o subsidio por desemprego para as empregadas do fogar. Con esta medida -subliñou- «poñemos fin a unha inxustiza inaceptable», somos coherentes co compromiso do Goberno de «recoñecer dereitos laborais e a dignidade laboral a distintos colectivos que foron preteridos durante moitos anos» e «asumimos como propio un mandato da Organización Internacional do Traballo».

Así o avanzou durante o acto co que inaugurou onte o curso político, no complexo da Moncloa, que tivo como protagonistas a medio centenar de cidadáns que, ao longo desta lexislatura, escribiron ao presidente para trasladarlle as súas inquietudes e reflexións, ou formaron parte do programa de visitas ‘Moncloa Aberta’. Sánchez agradeceulles a súa presenza e subliñou que a vocación do goberno é «gobernar coa xente e para a xente, para a clase media e traballadora», que «son os que máis necesitan a acción e o compromiso do público».

Pin It on Pinterest

Ir arriba
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad