O Concello non participará en Termatalia 2022

Piscina  termal de As Burgas de noche
Piscina de As Burgas de noche

O Concello de Ourense non participará na próxima edición da feira Termatalia. Así o avanzou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen avanza que este ano o Concello non instalará un expositor propio no certame que se desenvolverá a finais de setembro na cidade. Explica que, por unha banda, “non ten sentido promocionar a cidade diante da xente que xa está na cidade, asistindo á feira”. Por outra banda, engade, “a cidade de Ourense xa está representada na feira xa a través da Deputación”.

Non ten sentido promocionar a cidade diante da xente que xa está na cidade, asistindo á feira

Gonzalo Pérez Jácome

Sostén Pérez Jácome que “non ten sentido gastar 15.000 euros en promocionar Ourense en Termatalia cando todas as persoas que van visitar a feira xa estarán en Ourense. É como pagar por poñer un anuncio de publicidade no comedor dun restaurante para que o vexan os mesmos clientes que xa están comendo nese restaurante”, asegura. Subliña tamén o alcalde que en Termatalia “hai unha sobresaturación de administración públicas, entre elas a Deputación de Ourense, que coa súa presenza xa divulgará os atractivos de Ourense, cidade e provincia”.

Pin It on Pinterest

Ir arriba
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad