Socialistas ourensáns piden apoio institucional para persoas celíacas no Día Internacional da enfermidade

Natalia González y Xurxo Doval
Natalia González y Xurxo Doval

O vindeiro 16 de maio conmemórase o Día Internacional da Enfermidade Celíaca, unha xornada adicada a dar visibilidade e apoio ás persoas celíacas e cuxo obxectivo é normalizar a vida deste colectivo e cuxas dificultades queren dende o grupo municipal socialista poner de relieve na sesión plenaria ordinaria de maio do Concello de Ourense. A voceira do PSdeG na Administración local, Natalia González, defenderá unha moción para que se cree unha liña específica de axudas económicas para as persoas celíacas con menores recursos na cidade.

«A Asociación de Celíacos de Galicia (Acega) estima que a prevalencia da enfermidade se corresponde co 1% da poboación, arredor de 27.000 galegos e galegas. Aparte diso, consideran que entre o 75 e o 80% da poboación celíaca aínda non está diagnosticada», destaca a portavoz, e secretaria xeral do partido en Ourense, sobre a iniciativa realizada conxuntamente con Xuventudes Socialistas. «Estes datos chocan de xeito frontal coa adaptación real da sociedade, así como das entidades pertencentes ao sector da hostalería», sinala sobre outro dos puntos de acordo do texto que reclama poñer en marcha a «Rede Ourense sen Glute» dende a Concellería de Saúde, con campañas de información e divulgación sobre a celiaquía, co deseño dun mapa de restaurantes que recolla e amplíe a oferta gastronómica adaptada, así como cursos de formación dirixidos a persoal de hostalería e cidadanía en xeral.

Pola súa banda, o secretario xeral de XSG, Xurxo Doval, lembrou que dita alteración intestinal xera unha fenda na poboación ao ter que cambiar non só a súa alimentación diaria, senón tamén a adaptación de todos os seus hábitos sociais. «Por se fose pouco da necesaria adaptación completa da vida, esta enfermidade xera outra fenda: a económica», salienta incidindo en que o Goberno de España está xa actuando ao respecto dentro das súas competencias ao reducir o Ministerio de Facenda o IVE destes produtos do 10 ao 4%.

Ademais, a organización moza xa presentou no Parlamento de Galicia, en colaboración co PSdeG, unha proposición non de lei na que se reclama a creación dunha liña de axudas a quen padece a enfermidade, e que se concederían de acordo con criterios de renda, co fin de paliar os sobrecustos dos alimentos nos fogares con menos recursos.

«Cinco euros poden ser cinco barras de pan ou unha soa barra sen glute; cinco euros poden ser cinco quilos de pasta ou un só quilo de pasta sen glute», incide salientando o tremendo esforzo económico que supón para estas familias.

Así as cousas, no texto para o que agardan obter o apoio do pleno, as e os socialistas instan tamén á Xunta de Galicia a establecer e impulsar plans para a adaptación da hostalería e da restauración ás persoas celíacas na nosa comunidade autónoma.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad