Os socialistas do Concello de Ourense reclaman un plan de investimentos con cargo ao remanente

Concello de Ourense y tren turístico
Concello de Ourense y tren turístico

«Máis alá da habitual crítica ao goberno municipal debemos ser conscientes de que o Concello de Ourense está a funcionar en precario. Unha precariedade que se dilata xa en exceso no tempo e nos datos, así como no sentido común, e que reflicte unha situación económica complexa marcada por problemas na xestión orzamentaria e débedas acumuladas», comeza explicando a edil do PSdeG María Fernández.

Así as cousas, e logo da aprobación inicial do actual orzamento, acompañado xa de dúas modificacións presupostarias na mesma sesión plenaria, dende o grupo municipal socialistas entenden que a situación non vai a mellorar, alomenos a curto prazo, e presentan para o pleno ordinario do mes de agosto unha iniciativa para que o executivo de Gonzalo Pérez Jácome elabore e poña en marcha un plan de investimentos con cargo ao Remanente de Tesourería.


Destaca a socialista que o Concello de Ourense dispón, de acordo cos datos da liquidación do presuposto do 2024 e os informes de Tesourería, dun Remanente de 177.093.547,09 euros. Reducido o financiamiento afectado e os dereitos de difícil ou imposible recadación a contía total sería de 145.423.351,79 euros, como dispoñible para o financiamiento de gastos xerais.

«É dicir, o remanente medra mentres existen necesidades sen cubrir: abonar nóminas de traballadores e traballadoras, facer fronte a pagos no prazo legal que se exixe, servizos públicos obsoletos, problemas de abastecemento e saneamento, abandono do rural, ausencia de programas sociais… Se o remanente se acumula sen destinarse a mellorar todas estas eivas non podemos máis que interpretar a xestión como deficiente ou pouco ambiciosa», advirte a edil sobre a importancia da moción.

Neste senso, reclaman que para evitar que a cidade continúe perdendo oportunidades de desenvolvemento, e ante un orzamento extemporáneo que presenta vicios no seu procedemento e consignación de determinadas partidas, déficit nos investimentos ou partidas insuficientes en benestar social, debe priorizarse o uso do Remanente de Tesourería en investimentos financieramente sostibles e a longo prazo. Por elo, dende o grupo municipal socialista instarán ao Concello de Ourense a elaborar un plan que nomean como «Plan ReXenera Ourense», con cargo ao mesmo, que sexa consensuado, transparente, viable e legal.

Pero primeiro consideran fundamental que se salden as débedas en materia de persoal, se garantan os pagos a provedores nun tempo inferior ao legal, se saneen os servizos públicos básicos e se garanta a igualdade e o benestar social; polo que tamén reclamarán que o goberno municipal a elabore e aprobe un Plan de Pago a Provedores co obxectivo de que o periodo medio de pago do Concello de Ourense sexa inferior a 30 días no primeiro semestre do ano 2026.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad