O TSXG confirma a sentenza contra o alcalde de Ourense por vulnerar os dereitos fundamentais da portavoz socialista ao impedirlle intervir nun pleno municipal

Pleno del Concello de Ourense
Pleno del Concello de Ourense

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de desestimar o recurso de apelación ao Concello de Ourense e confirmar a sentenza pola cal se condenaba ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, por vulnerar os dereitos fundamentais da portavoz do grupo municipal socialista, Natalia González Benéitez, e quitarlle a palabra durante unha sesión plenaria.

Así as cousas, condénase ao rexedor, tal e como recollía a sentenza despois da primeira vista xudicial, a publicar o dictame na web do Concello, con acceso público á mesma, á súa lectura íntegra no primeiro pleno que se celebre tralo fallo e ao pago de 1.000 euros que terá que aboar a Administración demandada polas costas procesais.

Argumentábase no veredicto inicial, agora respaldado polo TSXG, que as interrupcións continuas impiden non só o debate sosegado que o alcalde debe garantir, senón «incluso unha verdadeira participación dos concelleiros no Pleno e, por elo, supón unha extralimitación que non atopa amparo no ROF e que pode supoñer unha conculcación do dereito fundamental do artigo 23 da Constitución Española».

Concretamente, o xulgado do Contencioso-Administrativo determinou que no pleno extraordinario do 26 de outubro de 2023 vulneráronse ditos dereitos e a súa participación política. E a sentenza recollía que «cando os concelleiros estean no uso da palabra, exercendoa con corección, sen afastarse da cuestión debatida e dentro do tempo razoable que se lle concedeu para participar no debate, non cabe que, en aras dunha suposta ou non ben entendida facultade de dirección ou de orde, o Alcalde-Presidente interrompa a quen lexítimamente e no exercicio da súa función representativa fai uso da súa quenda de palabra; pois tal comportamento non está ao amparo pola facultade da que dispón».

A desestimación do recurso de apelación recolle, textualmente, que: «Non cabe aproveitar tal recurso para volver a reproducir os mesmos argumentos que se empregaron na instancia, xa que elo supón ignorar co recurso de apelación debe conter unha argumentación dirixida a combater os razoamentos xurídicos nos que se baseou a sentenza de instancia, pero non volver a propoñer outra vez o debate nos mesmos termos en que o foi en primeira instancia».

Dende o grupo municipal socialista anuncian, ademais, que promoverán a reforma que entenden como necesaria e urxente do Regulamento Orgánico de Funcionamento (ROF) do Concello de Ourense neste mes de xuño.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad