O PSdeG acusa á Xunta de volver esquecer Ourense nos Orzamentos do 2026

Ourense Ciudad Torre panorámica
Ourense

Tras coñecerse o proxecto de Orzamento da Xunta de Galicia para 2026, dende PSdeG da cidade de Ourense consideran que as cifras volven demostrar «o abandono sistemático da terceira urbe da Comunidade Autónoma por parte do executivo galego», tal e como relata a portavoz dos e das socialistas na Administración local e a secretaria xeral do PSOE, Natalia González.

«Este novo presuposto confirma que Ourense segue fóra do mapa das prioridades da Xunta. É inadmisible que a que se denomina como capital termal de Galicia non reciba nin un só euro para potenciar o seu sector máis emblemático, mentres o Plan Estratéxico Termal (PETOU) continúa durmindo nun caixón», lamenta sobre unha situación que se ve agravada pola a pasividade do executivo municipal respecto a este eido durante anos.

Toda vez repasados os datos territorializados, a socialista tamén sinala que tampouco se atopa «nin rastro» do novo pavillón de ximnasia, que levan anos reclamando e «co que poderiamos converter Ourense na capital galega deste deporte». E do mesmo xeito, referíndose a outra instalación deportiva fundamental e de referencia, tampouco se afronta «dunha vez por todas o arranxo total do estadio de O Couto, que segue sendo unha ferida aberta na cidade».

No ámbito sanitario, poñen de relieve as e os socialistas da cidade que os veciños do barrio de O Vinteún e Mariñamansa seguen agardando polos seus centros de saúde, e a Xunta renuncia definitivamente á xestión pública do novo CAPD, «demostrando que a atención ás persoas non é unha prioridade real».

Por se fose pouco, e en medio da voráxine que está a supoñer o cambio de liñas de autobuses urbanos, o transporte metropolitano «continúa sen arrincar» e proxectos xa anunciados, como o novo edificio administrativo de As Lagoas, «continúan bloqueados a pesares de teren dotación orzamentaria».

Por todo elo, anuncia que dende o PSdeG de Ourense se presentarán «unha importante batería de emendas» para mellorar estes Orzamentos e «garantir que a cidade reciba o trato xusto e os investimentos que leva anos esperando».

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad