
La diputada nacionalista por Ourense Noa Presas denuncia que «a Xunta de Galiza fixo unha modificación orzamentaria no mes de xuño para desviar outros 540.000,00 €, con destino a asistencia sanitaria con medios alleos, recursos do orzamento da sanidade pública que podían ir para prestar servizos directamente como estaba previso e mellorar os que existen e que o Partido Popular desviou para «concertos con entidades privadas» afondando na privatización e desmantelamento da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras.»
Para el BNG esta situación es intolerable, ya que «é intolerable tendo en conta que o hospital de Ourense ten as peores listas de agarda hospitalaria de todo Galiza e agora sofre o intento de traslado dunha sala de partos á que se opoñen persoal e mulleres por non ser propia do século XXI. Así, mentres o SERGAS desvía máis de medio millón de euros á privada pretende que as mulleres de Ourense pairan sen intimidade, cunhas cortinas e sen baño propio»
En este sentido, Presas recuerda que «chove sobre mollado na privatización dos recursos sanitarios de Ourense, pois xa no 2024 o Informe do Consello de Contas sacou un informe sobre a área no que advertía do aumento da prestación da asistencia sanitaria con medios alleos da macroárea sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Neste informe Contas desvelaba como no ano 2022, que era o ano estudado, en Ourense aumentou con máis intensidade a prestación de asistencia sanitaria con medios alleos: se en Galiza aumentou un 5% en Ourense, un 6,8%, sendo a área de Ourense é a área de Galiza na que máis aumentou e máis peso ten a derivación á privada (cun peso do 20%). En Ourense, no 2022 mentres a actividade propia medrou un 11%, a derivación a centros privados un 41%»
Además, Presas señala que «desde este mesmo ano o SERGAS vai gastar 10 millóns de euros ao ano para que cirurxías menores ou servizos como logopedia sexan atendidos nun macrocontrato pola sanidade privada de Vigo, afondando na privatización e obrigando a centos de cidadáns a desprazarse a máis dunha hora en coche para ter un servizo que outros galegos teñen cerca, agravando a desigualdade territorial»
En la misma línea, el BNG recuerda que «no pasado Pleno do Parlamento Galego o BNG denunciou que a Consellería de Sanidade segue derivando cartos da sanidade pública para a privada, como sucedeu entre xaneiro a xuño deste ano, desviando máis de 20 millóns de euros»