A empresa que optaba ao SAF de Xinzo desiste tras o recurso presentado pola CIG por baixa temeraria no prezo

Xinzo de Limia

A CIG presentou un recurso diante do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galiza (TACGal) contra a proposta de adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Xinzo de Limia á empresa Andara Servicios Generales ao considerar temeraria a oferta económica achegada de 14,60 euros a hora, cantidade moi inferior ao prezo de convenio, entre 23 e 24 euros. Tras isto a compañía presentou a súa renuncia a asumir o servizo, polo que o Goberno local terá que iniciar un novo concurso, aumentando o custe fixado inicialmente.

Malia que o TACGal desestimou o recurso da central sindical ao terse dirixido contra a acta de proposta de adxudicación, que non tería carácter de acto cualificado, instando a presentalo unha vez se produza o acordo de adxudicación, a empresa optou por renunciar á súa pretensión de facerse cargo do servizo unha vez que o Concello lle achegou o recurso da CIG e lle solicitou documentación a respecto da oferta económica presentada.

Ao tratarse da única empresa presentada ao concurso, e ter desistido debido á acción da CIG na defensa das condicións das persoas traballadoras do SAF –“e sendo conscientes de que a central sindical impugnaría a adxudicación definitiva con este prezo por baixa temeraria”-, o Goberno local vese na obriga agora de reiniciar o procedemento de licitación.

Con todo, dende a CIG-Servizos advirten de que continuarán fiscalizando tanto este proceso como calquera outro en condicións similares que non garantan a prezo mínimo para poder asumir o servizo en condicións. “Os Concellos teñen rematar con este tipo de prácticas para poder prestar un servizo de calidade e en condicións salariais dignas”, sinala o responsábel de Organización da federación, Pedro Pérez, “xa que a oferta máis beneficiosa para a Administración nunca é a mellor para as persoas traballadoras e usuarias”.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad