A Deputación de Ourense aposta pola compostaxe comunitaria cun investimento de 540.000 euros

A Uceira
A Uceira

A Deputación de Ourense é beneficiaria dunha axuda económica de 540.550,93 € a través da Xunta de Galicia, cofinanciada polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea – Next Generation EU, para a posta en marcha de diversos proxectos destinados á implantación e mellora da recollida separada e o tratamento de biorresiduos na provincia. Precisamente, un dos lugares onde se implantará este sistema mediante é a urbanización da Uceira, no Carballiño, ao que hoxe acudiron os responsables das tres administracións implicadas: Luis Menor, presidente da Deputación; a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez; e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.

O presidente provincial, Luis Menor, lembrou que a de Ourense é a única deputación de Galicia beneficiaria destas axudas, xa que é a única das catro institucións provinciais con xestión directa no servizo de recollida de lixo. Un servizo, recalcou, «co que temos implicación máxima, non só na súa mellora operativa, senón tamén para mellorar o medio ambiente». Ademáis, puxo en valor que o esforzo da cidadanía á hora de xestionar os biorresiduos que xeren «ten recompensa, neste caso fiscal», lembrando as bonificacións implantadas na ordenanza fiscal que regula o servizo e que pretende avanzar cara un modelo de xestión de residuos máis sostible e eficiente.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, agradeceu á Deputación de Ourense o seu compromiso co axeitado tratamento dos refugallos e a aposta por estender a compostaxe polos concellos da provincia, contribuíndo á implantación dun sistema sostible de xestión de residuos, «un exemplo a exportar», recalcou.

Pola súa banda, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, manifestou o seu agradecemento á Deputación e á Consellería «a súa implicación nesta aposta como proxecto piloto que será un elemento substancial no noso servizo de recollida de lixo».

A proposta da Deputación

A proposta da Deputación articúlase en dúas liñas de actuación principais:

A primeira liña está centrada na sensibilización e captación de grandes produtores de materia orgánica. Céntrase na consolidación e expansión da recollida selectiva de biorresiduos (contedor marrón) entre os grandes produtores de materia orgánica naqueles 14 concellos da provincia de Ourense con máis de 2.000 habitantes que teñen delegado o servizo nesta administración. O obxectivo é dobre: reforzar a concienciación e participación dos usuarios actuais e captar novos grandes xeradores de residuos orgánicos interesados en sumarse a esta práctica.

A segunda liña persigue o impulso da separación e reciclaxe na orixe mediante compostaxe doméstica e comunitaria. Engloba dous proxectos clave para fomentar a autoxestión de biorresiduos a nivel local. Así, o primeiro deles é a nova campaña de compostaxe doméstica: Prevese a entrega de 3.000 composteiros nos 59 concellos que teñen delegada a competencia da recollida de residuos, acompañada dun manual informativo e formación para os participantes. Esta acción duplica o número de composteiros distribuídos en campañas anteriores, dando unha maior cobertura á provincia.

Áreas de compostaxe comunitaria

O segundo proxecto da segunda liña céntrase na mellora da compostaxe comunitaria: A Deputación de Ourense xa conta con seis áreas de compostaxe comunitaria en urbanizacións de tres municipios de máis de 5.000 habitantes. Con esta axuda, realizaranse melloras para facilitar o uso aos veciños, como a instalación de sumidoiros nas billas para a limpeza dos caldeiros nos que se levan os biorresiduos e o establecemento de pechaduras nominativas nos módulos abertos á cidadanía. Este último punto permitirá rexistrar aos usuarios e aplicarlles de oficio a redución da taxa de lixo, tal como se recolle na ordenanza fiscal provincial (BOP Nº 249, venres, 27 de decembro de 2024).

Estratexia provincial

En definitiva, estas iniciativas, que abarcan tanto a recollida selectiva do contedor marrón en grandes produtores a grande escala, como a compostaxe a nivel doméstico e comunitario, forman parte da Estratexia Provincial para a implantación dun sistema sostible de xestión dos biorresiduos, nun territorio coas particularidades da provincia de Ourense. E, máis aló do cumprimento da normativa e a redución do impacto ambiental, estas medidas buscan ofrecer aos cidadáns ferramentas efectivas para a xestión dos seus residuos orgánicos e a posibilidade de beneficiarse das reducións fiscais que inclúe a ordenanza fiscal provincial, como novidade.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad