Gonzalo Jácome visitou a última edición da feira «Viagem Medieval» con vistas a posibles colaboracións conxuntas

Jácome con Emídio Sousa

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visitou a última edición da feira VIAGEM MEDIEVAL, que se desenvolveu na cidade portuguesa de Santa María da Feira, onde foi recibido polo seu homólogo, Emídio Sousa, presidente da cámara municipal. Jácome e Sousa falaron de cooperacións artísticas e festexos principalmente, no despacho do rexedor portugués. Posteriormente compartiron xantar.

Estímase que preto de medio millón de persoas pasaron desde o día 3 ao 14 de agosto por esta Viagem Medieval, cunha media de 40.000 persoas cada un dos últimos 12 días; unhas cifras que a converten nunha das máis grandes de Europa na súa especialidade.

Os alcaldes de Ourense e Santa María da Feira falaron de posibles colaboracións futuras, en especial coa feira medieval de Ourense do próximo ano 2023, do mesmo xeito que Ourense xa colabora con outra localidade portuguesa, neste caso Montalegre, e a súa celebración da Noite de Bruxas, para o Halloween 2022 de Ourense, que se desenvolverá o próximo 31 de outubro.

O alcalde de Ourense repite visita a Santa María da Feira. A primeira fora en 2019, nun evento que volvía este ano tras dous en que non se puido levar a cabo pola pandemia.

O presidente da cámara municipal comprometeuse a devolver a visita no vindeiro mes de novembro, coincidindo coa celebración dos Magostos de Ourense.

O alcalde foi acompañado na súa visita a Santa María da Feira polo concelleiro ourensán Antonio Fernández Martín. Na reunión tamén participou o concelleiro de turismo da cidade portuguesa.

Pin It on Pinterest

Ir arriba
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad