El PSdeG-Psoe pedirá a reapertura urxente do termalismo en Ourense

Termas de As Burgas

O PSdeG-PSOE defenderá unha iniciativa no pleno municipal do vindeiro venres a prol da reapertura urxente do termalismo en Ourense, toda vez que un gran número de vasos termais permanecen actualmente clausurados por mor da adaptación das pozas á nova lei de aproveitamento lúdico das augas termais da Xunta de Galicia.

Os socialistas consideran que agora é momento de «abrir os espazos termais á veciñanza» e de adaptar o seu horario por un máis acorde ao período estival, que fomente o aproveitamento das horas do solpor e disuada do baño nas horas centrais do día. «Non ten sentido que as termas se pechen ás nove da noite, cando é o momento de maior afluencia nestes espazos», insistiu o edil Javier Rey.

Ademais, instan a aproveitar o boom turístico que está a vivir Ourense, ao tempo que lamentan o peche das termas públicas por segundo verán consecutivo e nun momento especialmente fértil para o turismo na cidade, coa chegada do AVE e o Xacobeo extraordinario.

Son moitas as oportunidades perdidas. A chegada do AVE dende hai oito meses podería ter sido un incentivo para que moita xente coñecese o noso termalismo, e por desgraza iso non está a acontecer. A isto cómpre sumar que tamén desaproveitamos o tirón de visitantes con motivo do Xacobeo bianual

Javier Rey

«Dende hai sete anos o termalismo en Ourense vive unha auténtica involución. Non temos novos proxectos e o que hai, vai cara atrás. O PP e DO abandonaron e desmantelaron o termalismo nesta cidade», subliñou.

Futuro termal

No texto da iniciativa, os e as socialistas destacan a necesidade de actualizar e activar, antes de que remate o ano 2022, dous documentos cruciais para revitalizar e proxectar o termalismo na cidade de cara ao futuro: o Plan Estratéxico Termal –actualmente obsoleto–, e o Plan de acción no destino turístico Ourense ante a chegada da alta velocidade.

«O Partido Popular comprometérase hai dous anos, xunto con DO, a actualizar o Plan Termal e ata agora non se fixo absolutamente nada», lembrou o concelleiro Rey, ao tempo que puntualizou que esta folla de ruta «debería valer para moitos ciclos políticos».

Esixen, ademais, que o goberno local encha de contido o recen constituído Consello Municipal de Turismo, contando coa participación de colectivos activamente implicados no rescate do termalismo para sacar partido das moitas oportunidades que brinda a chega da alta velocidade á nosa cidade.

Os socialistas aproveitaron a presentación desta moción para lembrar que o termalismo ourensán precisa de moitas outras intervencións de vital importancia, como é a ‘Ronda Bulevar Termal’. «É un momento magnífico para retomar este proxecto» que podería ser realidade grazas ao pulo do Goberno central á variante norte e «no que habería que estar traballando xa» para facela realidade «máis ou menos en dous anos», estimou o concelleiro Rey.

«Ademais, teriamos que chegar a acordos con concellos da contorna e facer un plan xeral para todos, que situase Ourense como capital provincial do termalismo» demandou Rey, ao tempo que instou a «ir máis aló de slogans» e apostar decididamente pola posta en valor da nosa riqueza termal e xeotérmica.

Pin It on Pinterest

Ir arriba
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad