Aparece un novo vertedoiro ilegal en Sande, Cartelle

Basura en Cartelle

O PSdeG-PSOE de Cartelle denuncia a aparición dun novo vertedoiro ilegal, desta vez na parroquia de Sande, concretamente no monte comunal, na zona da Raposeira. Os e as socialistas alertan que o «pasotismo» e a «deixadez» do Partido Popular con respecto a aparición destes vertedoiros «é moi preocupante», xa que tal e como relatan en plena temporada de risco de incendios, o material aló depositado pode «provocar un polvorín de lume imparable e que cause importantes danos ambientais e persoais».

Dende o Grupo Municipal Socialista explican que nos últimos días recibiron a chamada de varios comuneiros da zona alertando da proliferación de lixo, caixas e outros materiais nesta zona de monte comunal do municipio. Unha situación que segundo explican os socialistas «ten moi preocupada á veciñanza, xa que en plena vaga de lumes, Cartelle non coida os seus montes e pon en grave risco a flora, a fauna e tamén á veciñanza».

Segundo denuncian dende o PSOE de Cartelle, este novo vertedoiro ilegal atópase situada a carón da casa dun dos concelleiros do Partido Popular, que ademais cobra dedicación exclusiva. Por este motivo, os socialistas pregúntanse se o Partido Popular «vai seguir mirando para outro lado namentres lle plantan diante das súas casas vertedoiros ilegais?» e subliñan que «non é de recibo a inacción do goberno municipal, na loita contra estes depósitos ilegais de residuos e materiais».

Para o voceiro do PSdeG-PSOE de Cartelle, Jesús Pereiras Vázquez, a situación «repítese novamente» e afirma que o «señor Sousa e a senadora Carmen Leyte non lle interesan para nada os problemas reais de Cartelle e están máis pendentes de cobrar os seus soldiños e buscar novos carguiños que de darlle solución aos veciños e veciñas do noso municipio». O edil socialistas ten claro que a proliferación destes vertedoiros ilegais no municipio «vén motivado pola ausencia de vixilancia e de sancións por parte do Concellos, que parece que prefire mirar para outro lado namentres se producen estes atentados medio ambientais».

Pereiras Vázquez vén de poñer en coñecemento de Seprona a situación deste vertedoiro ilegal para que «tomen as medidas oportunas, investiguen a procedencia destes materiais e castiguen duramente aos responsables». O voceiro dos socialistas de Cartelle afirma tamén que «esta situación é insostible e xa está ben de contaminar e encher de lixo a contorna de Cartelle», ademais de apuntar que «non vamos consentir que o PP contamine e desleixe a nosa terra, os nosos montes e a nosa natureza».

Dende o Grupo Municipal Socialista lembran que no que vai de mandato, xa tiveron que pór en coñecemento das autoridades a aparición de varios vertedoiros ilegais fomentados pola «inacción» do goberno municipal e que lle supuxo ao Concello importantes sancións económicas. «O PP parece que lle dan igual as multas, xa que saen do peto dos veciños e veciñas de Cartelle», afirman.

Pin It on Pinterest

Ir arriba
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad