Abre o tráfico a rúa Ribeira de Canedo

Jácome en Ribeira de Canedo

A rúa Ribeira de Canedo abriu ao tráfico esta mañá, logo das obras de remodelación realizadas polo Concello cun investimento dun cuarto de millón de euros. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o tenente de alcalde, Armando Ojea, asistiron esta mañá á apertura deste importante viario do barrio da Ponte, que comunica a Ponte Vella e a Ponte Nova. A intervención realizada polo Concello supuxo a renovación da rede de saneamento e a substitución do firme da calzada. O rexedor puxo en valor a actuación: “É unha grande obra, una más des moitas que imos facer neste mandato, avanzou.

Pérez Jácome destacou na súa intervención proxectos como os de mobilidade vertical, coa instalación de ramplas mecánicas e humanización, da rúa de Nicomedes Pastor Díaz, no barrio da Carballeira, ou o de instalación de ascensores na Cruz Alta, ambos xa licitados.

Tamén avanzou que están adxudicadas as obras de pavimentación e renovación de servizos nas rúas de San Lázaro, Xoaquín Lorenzo Fernández, Bedoya ata Valle Inclán e  Cardenal Quevedo, ata a avenida da Habana, que comezarán en aproximadamente un mes e medio.

Amais, adiantou o alcalde que nunhas semanas se licitará o proxecto do Parque de Canedo, cun investimento de 7 millóns de euros que prevé a construción do que será “o maior parque da cidade, que contará cunha enorme piscina”. “Estamos facendo grandes obras. Nunca se fixeran tantas na cidade en tan pouco tempo”, concluiu o rexedor.

Pin It on Pinterest

Ir arriba
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad