A xunta leva a Xunqueira de Ambia un novo campamento con actividades de ocio e música

Campamento xunta

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe os rapaces que desfrutan no albergue de Abeleda, en Xunqueira de Ambía, do campamento Tocando o violín. Esta proposta é unha das novidades para este ano da campaña de verán da Xunta de Galicia, que se desenvolve baixo o lema O verán que queres contar.

O programa de actividades inclúe a aprendizaxe de linguaxe musical e a práctica con instrumentos da familia da corda fretada, como o violín, o violonchelo ou a viola. Durante esta experiencia, que se prolongará ata o vindeiro sábado 23, os participantes tamén teñen tempo para desfrutar da piscina, de exclusións a lugares de interesa na zona e de xogos grupais.

Durante a súa visita, Cristina Pichel destacou o alto valor educativo deste campamento, que achega a música aos máis novos, así como a súa compoñente de lecer. Ademais, lembrou que a campaña de verán da Xunta supón un importante recurso de conciliación para as familias, que poden compatibilizar a súa vida persoal e profesional mentres os seus fillos se divirten.

Minicampamento en Allariz

A directora xeral visitou tamén aos participantes na segunda quenda do minicampamento ‘Acción no Arnoia II’, en Allariz. Trátase dun grupo de 20 rapaces de entre 10 e 14 anos que dende onte e ata o vindeiro venres coñecen e desfrutan dos recursos naturais que ofrecen Allariz e o río Arnoia, coa realización de actividades como caiac, hípica, tiro con arco, rutas de orientación e visitas ao centro histórico.

Este minicampamento é un dos trece que organiza a Xunta dentro do programa ‘Coñece Galicia’ da campaña de verán. A través desta proposta, ofértanse estadías de cinco días en diferentes aloxamentos turísticos nas que as nenas e nenos que participan adquiren competencias e habilidades, ademais de fomentar o seu coñecemento da riqueza natural e patrimonial da nosa comunidade, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

Pin It on Pinterest

Ir arriba
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad