375 usuarios dos centros da Fundación San Rosendo peregrinaron os Milagros

San Rosendo en os Milagros

Ata 15 centros da Fundación San Rosendo participaron na tradicional peregrinación aos Milagros 2022, con motivo do Día do enfermo. Este ano, incrementouse significativamente a participación ata os 375 usuarios entre persoas maiores, persoas con algunha discapacidade e traballadores.

Os centros de maiores válidos e dependentes que participaron foron:  Os Gozos (Pereiro de Aguiar), La Esperanza (A Farixa), Santa Marta (Santa Cruz de Arrabaldo), Divino Maestro (Orense), Virgen Blanca (A Farixa), Residencia Alameda (Orense), Alfredo Romero (Orense), Miño (Orense), San Martiño (Nogueira de Ramuín) e Nuestra Señora de las Nieves (Maceda). A lista completase cos centros para personas con alguna discapacidad de Santa María (A Farixa), Monterrei (Pereiro de Aguiar), As Flores (Santa Cruz de Arrabaldo), Ceboliño (Ceboliño) e Os Milagros (Baños de Molgas).

A peregrinación ao Santuario dos Milagros ten unha gran aceptación entre os usuarios. Por iso, desde hai semanas os centros traballaron na loxística de traslado en autobús, tanto para persoas válidas como para persoas dependentes, e a operativa nos Milagros.

Ás 12.00 horas asistiron a un oficio relixioso no Santuario e ao terminar, desprazáronse á residencia de discapacidade A nosa Señora dos Milagros onde participaron nunha xornada de convivencia. Un grupo de 14 usuarios e traballadores deste centro protagonizaron unha obra de teatro que se representou no auditorio con capacidade para 400 persoas. Ademais, o equipo de traballadores acondicionou as instalacións do centro, o hostal e a cafetería para poder acoller aos seus compañeiros en cinco comedores.

Dous anos de funcionamento

A residencia para persoas con algunha discapacidade A nosa Señora dos Milagros leva dous anos prestando asistencia a máis de 62 usuarios. Este centro dispón de ata 90 prazas e amplas instalacións con cociña propia, zonas ocupacionais deportivas e de xardíns. Na actualidade, neste centro traballan 82 profesionais.

Pin It on Pinterest

Ir arriba
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad