O Concello fai pública unha primeira proposta de frecuencias para remodelar as liñas de autobuses urbanos

Autobús en parada de la Alameda

En fase alpha, o Concello de Ourense fai pública unha primeira proposta de frecuencias para a remodelación das liñas do servizo de autobuses urbanos que impulsa o goberno municipal. Desde hoxe, pódese consultar na páxina web do Concello de Ourense este “borrador de traballo, que podería establecer unha base case definitiva”, para a mellora deste servizo, segundo avanza o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. Este deseño, explica o rexedor, baséase en dúas claves; “a optimización e a redistribución das liñas actuais, que están totalmente descompensadas”. O resultado final, explica Pérez Jácome, “é que co mesmo gasto, empregando o mesmo número de buses, choferes e combustible, mellorarase o servizo para un 80% da poboación da cidade”.

O alcalde pon de manifesto a necesidade de actualizar as rutas e corrixir os desfasamentos e as carencias que presentan hoxe en día. Como exemplos, lembra que pola Ponte Nova pasan máis de 15 liñas de autobuses, e ningunha pola do Milenio, ou que todos os autobuses que tiñan como destino a antiga estación de autobuses do Pino, seguen indo hoxe até alí, aínda que a terminal está pechada. Neste caso, o goberno municipal entende que é necesario dar servizo ao bloque de vivendas nese punto, mais non coma se fose a estación.

Reseña tamén o rexedor que “é notorio que o Concello daba un servizo ás portas da Valenzá, pero unha vez que a Xunta implanta o servizo regular Barbadás-Ourense, o autobús municipal non reduciu a súa frecuencia, co que a miúdo vai baleiro porque, ademais, non pode penetrar en Barbadás”. Tamén se corrixirán frecuencias “sen xustificación de demanda”, e cita como exemplo que a localidade de Seixalvo, con 1.000 habitantes “ten un bus case cada 15 minutos (cun 10% de ocupación media), mentres que A Cuña, con 4 veces máis poboación, teno cada 60 minutos”.

Coa nova proposta de liñas“estes desfasamentos corríxense e reequilíbranse para unha repartición máis xusta. A isto únese unha liña troncal Norte-Sur, que vertebra a cidade, inexistente ata o de agora e recomendada por todos os expertos do sector”. O resultado final, conclúe o alcalde, “é que, co mesmo gasto, empregando o mesmo número de buses, choferes e combustible, mellorarase o servizo para un 80% da poboación da cidade.

O novo modelo significará unha “revolución absoluta” do servizo de autobuses, asegura Pérez Jácome, quen detalla que se mellorarán as frecuencias para aproximadamente 80.000 habitantes de Ourense. É o caso de quen reside nos barrios e localidades do Vinteún, A Ponte, Xulgado-Pavillón, centro cidade, O Posío, Residencia, O Couto, Vistafermosa, O Polvorín, Marcelo Macías, Cruzamento de Piñor, A Farixa, Cudeiro, O Viso, Campus, As Lagoas, estación intermodal, Santa Mariña, Mariñamansa, A Cuña, Universidade Laboral, Expourense, San Francisco, A Cruz Alta, Auditorio/Biblioteca, Alto do Cumial, As Eiroás ou Peliquín.

Manteñen as frecuencias actuais uns 20.000 habitantes, residentes en Reza, Ceboliño, Velle, Cabeza de Vaca, A Carballeira, Reza, Quintela, Palmés, Vilar de Astrés, Covadonga, Campo da Feira, Cuartel, Barrocás, O Fonsillón, Rabo de Galo, Fechos, A Lonia, O Polvorín, A Chavasqueira, O Polvorín e Mende,

Reducen as frecuencias uns 5.000 habitantes: Seixalvo, Ponte Sevilla, Antiga estación de autobuses, As Curuxeiras, Rairo, Santa Cruz de Arrabaldo, Untes e Cruzamento de Piñor.

PROPOSTA DE FRECUENCIAS DE PASO DOS AUTOBUSES NAS NOVAS LIÑAS DE TRANSPORTE URBANO, EXPRESADA EN MINUTOS

(Todas en sentido centro cidade, agás a liña O Couto- Residencia)

  • Barrio do Vinteún: 10’
  • Estación intermodal: <10’
  • A Ponte: 10’
  • Novo Xulgado/Pavillón: 10’
  • O Couto (Norte): 10’
  • Centro Cidade: <10’
  • Marcelo Macías/O Posío: 10’
  • Residencia: <10’
  • Mariñamansa: 10’
  • Expourense: 10’
  • Alto do Cumial, Seixalvo, Ponte Sevilla: 30’
  • A Farixa: 30’
  • Marcelo Macías, Cruzamento Piñor: 35’
  • Cabeza de Vaca: 35’
  • A Carballeira: 35’
  • O Couto, Vistahermosa: 20’
  • Couto a Residencia: 30’
  • Reza: 35’
  • Santa Cruz de Arrabaldo, Untes: 50’
  • Quintela: 30’
  • O Pino, antiga Estación de autobús: 30’
  • Palmés, Vilar de Astrés, As Eiroás: 60’
  • Covadonga, O Vinteún (Oeste): 20’
  • Cudeiro, Viso: 35’
  • Peliquín: 70’
  • Oira: 35’
  • Velle: 35’
  • Ceboliño: 35’
  • Campus, As Lagoas: <20’
  • A Cruz Alta: 30’
  • Auditorio, Biblioteca <20’
  • San Francisco: <20’
  • Santa Mariña, Cuartel, estrada da Granxa: 45’
  • Cuartel – Barrocás – U. Laboral: 60’
  • Barrocás Alto: <30’
  • As Curuxeiras, Rairo: 60’
  • Barrocás Baixo: <20’
  • U. Laboral, A Cuña: <20’

* Os autobuses ao Fonsillón, Rabo de Galo, Fechos, A Lonia, O Polvorín, A Chavasqueira, A Farixa e Mende, así como o Mouchobus e o Tren das Termas manterán practicamente o mesmo réxime que os actuais.

* A franxa de horarios seguirá sendo a actual, de 6:45 a 22:30h, agás o servizo nocturno Mouchobus

Pin It on Pinterest

Ir arriba
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad