O Concello de Ourense duplicará o número de árbores na cidade

Calor y Jácome

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, presentou un conxunto de medidas para paliar os efectos do calor extremo que se vive na cidade. Algunhas destas iniciativas son complementarias das medidas de mellora da mobilidade que xa están pondo en marcha. Precisamente, durante a rolda de prensa, que tivo lugar no Parque de San Lázaro fronte ao termómetro da Subdelegación do Goberno, a axencia meteogalicia a cidade alcanzaba un récord de temperaturas marcando 43.1º C na estación da Ponte.

En palabras do rexedor “O obxectivo é duplicar a masa arbórea da cidade que actualmente conta con uns 10.000 árbores en todo o termo municipal, pasando a 20.000, e que esta medida se una a outras que xa estamos levando a cabo como ás humanizacións e peonalizacións, mellora da mobilidade vertical ou mellora do transporte público cos novos autobuses”.

Ademais, o alcalde subliñou que “as ondas de calor viñeron para quedarse, e precisámonos por en marcha para adaptar a cidade ante este tipo de climas extremos”, para a continuación demandar a implicación das outras administracións e que invistan na cidade para ter infraestruturas e dotacións que a fagan máis habitable.

Entre as accións que se están levando a cabo desde o Concello, e outras que están previstas destacan a peonalización e humanización de máis rúas no centro da cidade. Das 900 prazas de estacionamento da zona hora, vanse suprimir unhas 400 para favorecer máis calidade de vida no espazo urbano e eliminar o denominado “tráfico de axitación”, que é o que anda a dar voltas na procura de estacionamento. A isto tamén vai favorecer a mellora que se vai levar a cabo na renovación da flota de autobuses e da optimización nas liñas e frecuencias.

Pin It on Pinterest

Ir arriba
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad