PSdeG-PSOE e Xuntos por Laza denuncian ao alcalde do PP por posible fraude á Seguridade Social e ao erario público

Concello de Laza
Concello de Laza

O PSdeG-PSOE de Laza e Xuntos por Laza -Interior Galego Vivo denuncian ante a inspección provincial de traballo e a Seguridade Social ao alcalde do PP, José Ramón Barreal Novo, por un posible fraude á Seguridade Social e ao erario público, así como pola incompatibilidade nas percepcións económicas que recibe do concello, cando é perceptor dunha pensión por incapacidade total permanente.

Ambas formacións políticas explican que o rexedor «vén percibindo de forma regular e sistemática diversas cantidades do concello de Laza en concepto de dietas, asistencias a plenos, comisións e xuntas de goberno, ademais doutros importes inherentes ao seu cargo de alcalde». PSdeG-PSOE e Xuntos por Laza afirman que esta percepcións económicas «superan con creces o mero resarcimento de gastos e aseméllanse máis a unha retribución periódica».

Os voceiros da oposición, Juan Ramón Álvarez e Jorge Lorenzo, destacan que estas contías «chegaron a superar os 24.000 euros durante o ano pasado», unha situación que consideran «insostible para as arcas municipais». Ambos coinciden ao afirmar que «estamos ante un segundo soldo encuberto, algo que sería incompatible coa súa pensión de incapacidade permanente total».  Neste senso tamén apuntan que o cargo de alcalde «implica unha dedicación e unha capacidade que, en principio, poderían ser incompatibles co grao de incapacidade permanente recoñecido pola Seguridade Social».

PSOE e Xuntos por Laza informan que nas últimas semanas tiveron coñecemento de que unha compañía aseguradora contratou un detective privado que, durante varias semanas, seguiu todos e cada un dos movementos do rexedor. Neste senso cabe destacar que o alcalde reclámalle á aseguradora unha cantidade millonaria por un accidente acontecido en 2020, no que as graves lesións levárono a unha situación de incapacidade permanente. Pero tras comprobar que o rexedor leva unha vida pública completamente normal, que non lle impide exercer como alcalde, nin dedicarse a outros cometidos, como o mantemento dunha explotación turística que rexenta un familiar ou a crianza cabalar, presentarán un informe nos xulgados de Verín.

Lorenzo e Álvarez tamén apuntan a que José Ramón Barreal «xa afirmou en varias sesións plenarias, tal e como quedou rexistrado nas actas, que el non viña a política a perder cartos». Neste senso sinalan que «estamos ante un claro caso dun alcalde que prefire encher os petos a costa das arcas municipais, en lugar de destinar eses cartos a investimentos que melloren a calidade de vida da veciñanza».

Na denuncia presentada ante a Inspección Provincial de Traballo e a Seguridade Social, ambas formación solicitan:

  • Abrir o correspondente expediente de investigación para verificar os feitos expostos.
  • Requirir ao Concello de Laza toda a documentación relativa ás percepcións económicas (dietas, asistencias, emolumentos) abonadas a D. José Ramón Barreal Novo durante o seu mandato como alcalde, sobre todo nos últimos exercicios 2023 e 2024.
  • Requirir á Seguridade Social a información referente á situación de Incapacidade Permanente do denunciado e as condicións da mesma.
  • Requirir ao Xulgado de Instrución Número 2 dos de Verín para que confirme a reclamación emprendida contra unha aseguradora polo denunciado, así como a confirmación das probas existentes no procedemento, que acreditarían fidedignamente a base da nosa denuncia.
  • En caso de confirmarse as irregularidades e a incompatibilidade de percepcións, adóptense as medidas legais oportunas, incluíndo a posible revisión da pensión de incapacidade permanente, a esixencia de devolución de cantidades indebidamente percibidas, e a imposición das sancións administrativas que correspondan ao concello e/o ao denunciado.
  • Póñome ao dispor deste organismo para achegar calquera outra información ou documentación que me sexa requirida e que poida contribuír ao esclarecemento dos feitos.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad