Os socialistas e a veciñanza obrigan a Jácome a rectificar as novas liñas de bus en Ourense

Autobuses urbanos de Ourense
Autobuses urbanos de Ourense

O grupo do PSdeG no Concello de Ourense leva semanas advertindo dos graves riscos que suporía a implantación «a calzador» do novo mapa de liñas de autobús que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, pretende poñer en marcha a partir do vindeiro 16 de setembro. No último pleno ordinario de setembro o propio rexedor recoñeceu, contestando a demandas das socialistas, que non existe un estudo técnico que avale a remodelación, non se quería contar coa participación cidadá, non se prevé unha proba piloto que permita axustar o servizo ao detectar eivas e que non haberá transparencia respecto aos custes reais da operación máis aló do que a lei obriga.


«As socialistas de Ourense deixamos claro que o noso obxectivo é garantir que ninguén quede atrás, poñendo orde, criterio e rigor na planificación do transporte urbano, da man do tecido social da cidade», destaca logo de recoller os reclamos dos e das asistentes ao encontro. «Grazas á presión da veciñanza e ao labor de fiscalización que realizamos, Jácome vese obrigado a rectificar. Aínda estamos a tempo de evitar o caos e construír entre todas e todos unha rede de autobuses digna, eficiente e pensada para as necesidades reais de Ourense», remata.

Entenden dende o grupo do PSdeG que é grazas á insistencia veciñal e das socialistas que o alcalde xa admite puntos negros (Cabeza de Vaca, Velle, Cudeiro, Mende, avenida de Portugal e Universidade) e anuncia fases e modificacións antes mesmo da súa posta en marcha, recoñecendo así tamén a improvisación.


«Entre os cambios xa anunciados nos últimos días figuran: modificacións nos horarios da liña 3, supresión do percorrido da liña 8 pola Chavasqueira, eliminación do servizo directo a Mende na liña 9 ou a creación dunha nova liña 16 con frecuencias moi limitadas. Un rosario de axustes que evidencian a chapuza inicial e que se producen antes de que a nova rede comece a rodar», enumera a portavoz do PSdeG no Concello de Ourense e secretaria xeral do partido na cidade, Natalia González.


Así as cousas, dende o grupo municipal socialista mantiveron unha xuntanza aberta máis de media de centenar de asociacións veciñais e colectivos sociais, celebrada onte na Casa do Pobo, para escoitar as súas opinións, analizar conxuntamente a situación e reclamar unha planificación seria e adecuada dun servizo público esencial. 

As socialistas comprometéronse con eles a elixir ao Goberno municipal todas as rectificación e melloras necesarias antes da posta en marcha do Novo servido o día 16. «Quixemos abrir un espazo de diálogo co tecido asociativo, que será clave na construción dunha alternativa seria, compartida e que responda as necesidades das persoas», explica sobre a reunión.

Pola súa banda, a veciñanza trasladou a súa inquedanza polos cambios constantes nas liñas, a ausencia total de información institucional por parte do Concello de Ourense e a pouca rigorosidade por parte do alcalde que publica as modificacións nas súas redes sociais. Tamén manifestou o temor de moitos enfermos crónicos que non saben cantos transbordos terán que realizar, toda vez se efectúen os cambios nas liñas, nin cal será o tempo de espera para realizar os mesmos e que non se teña en conta na planificación ás necesidades dos e das persoas que empregan o autobús para desprazarse aos centros educativos da cidade ou das que o precisan para ir ao traballo.

Expuxeron, ademais, que a relevancia do asunto merecía unha reunión similar á convocada polo PSOE cos e coas responsables da área de transporte para comunicar as modificacións e recoller as demandas máis básicas para que o novo servizo non supoña un empeoramento na calidade do mesmo que a poboación que o sostén cos seus impostos.


As propostas do grupo do PSdeG 

As propostas das socialistas para mellorar o sistema anunciado polo alcalde inclúen transbordos gratuitos, con ou sen tarxeta, para evitar custes excesivos nas liñas que precisen 2 ou 3 cambios; información en tempo real con actualización inmediata do sistema GTFS, xeolocalización, seguimento en directo, códigos QR, pantallas en funcionamento e unha aplicación móbil; pagos modernos e inclusivos a través de QR, Tarxeta Metropolitana de Galicia, Xente Nova e tarxeta bancaria; accesibilidade garantida con sistema de audio en todos os buses para anunciar liñas e paradas, así como paneis accesibles para persoas con discapacidade visual.


Ademais, inciden na importancia de establecer unha cláusula de revisión aos 3-6 meses da implantación das liñas, cunha avaliación baseada en datos obxectivos (queixas veciñais, frecuencias reais, tempos de viaxe) e unha especial atención ás familias numerosas, colectivo con alta mobilidade diaria e necesidades específicas:

  • Bonificación no uso do transporte urbano.
  • Creación dunha tarifa ou tarxeta familiar (T-Familias Numerosas) con descontos do 30% ao 50% para familias xerais e ata a gratuidade para as de carácter especial, como xa ocorre noutras cidades.
  • Estender a gratuidade do transporte urbano a nenos e nenas ata os 12 anos, fomentando o uso do transporte público desde a infancia.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad