O PSdeG pide unha estratexia municipal contra a contaminación acústica viaria

Santa Eufemia de noche
Santa Eufemia

As e os edís do grupo municipal socialista rexistraron unha batería de emendas ao proxecto de ordenanza de protección contra a contaminación acústica do Concello de Ourense, logo de recoller demandas da veciñanza e cuxo obxectivo principal é acadar unha mellor convivencia e calidade de vida na cidade.

Así as cousas, as e os socialistas entenden primordial que o texto, pendente da súa aprobación definitiva, garanta a «dotación e existencia de medios humanos e materiais para a aplicación e o cumprimento da normativa e a posta en marcha dun protocolo de medición en tempo real» para que a protección fronte á contaminación acústica sexa real. E, en concreto, solicitan que o casco histórico de Ourense sexa «unha das zonas de protección acústica especial, ao ser a máis importante e significativa da cidade e que conta coa maior concentración de establecementos de ocio nocturno, co seu plan zonal específico e mapa de ruídos adicional».

Neste senso, e en liña cunha protección efectiva e máis áxil, reclaman nas emendas presentadas que tamén se substitúa o período de 3 anos para a declaración de área como Zona de Situación Acústica Especial (ZSAE) por un período dun ano.

No que atinxe ao apartado do proxecto da ordenanza no que se aborda a suspensión dos obxectivos de calidade acústica, as e os socialistas esixen que en todos os casos,incluídos os eventos organizados ou promovidos polo Concello de Ourense, sexa obrigatorio un estudo individualizado de impacto acústico. «Este estudo deberá ser publicado na web municipal cun prazo mínimo de dez días hábiles de exposición pública, durante o cal a veciñanza poderá presentar alegacións. Unha vez rematado este período e resoltas as alegacións presentadas de ser o caso, poderá aprobarse ou non a suspensión provisional dos obxectivos de calidade acústica», sinalan nas aportacións realizadas ao documento.

O texto establece, ademais, os límites máximos de decibelios que debe cumprir calquera que emita ruido, de tal xeito que a ordenanza non só afecta aos locais de ocio, senón tamén aos condutores e condutoras, que poderían percibir unha multa por una infracción leve polo uso indebido do claxon ou o excesivo ruído que emiten os seus vehículos. Así as cousas, dende o grupo municipal do PSdeG piden que se substitúa o valor límite para ciclomotores por 80 dB en lugar de 91dB para reducir a contaminación acústica.

Por outra banda, solicitan entre as súas propostas que o Concello de Ourense elabore unha «Estratexia Municipal contra a Contaminación Acústica Viaria» cun calendario de actuacións prioritarias nas zonas de maior vulnerabilidade, prestando especial atención ao casco histórico, entornos escolares e zonas residenciais. Así como que se cree unha Unidade Móbil Acústica da Policía Local que conte co equipamento necesario para poder realizar medicións acústicas en tempo real.

Cabe destacar que unha das principais novidades da normativa é que se inclúa a decisión do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, de prohibir o uso de parques e canchas deportivas en horario nocturno. Algo contra o que as e os edís socialistas xa se pronunciaron ao considerala unha medida desproporcionada. Neste eido, reclaman que, salvo decreto ou resolución da Alcaldía debidamente motivado e publicitado, «se permita a práctica de xogos e deportes en espazos públicos tales como pistas deportivas, zonas de uso residencial, prazas, calzadas, etc., sempre que non perturben o descanso veciñal e ao abeiro das normativas existentes de rango superior segundo os horarios establecidos».

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad