O PSdeG da Merca pide suspender os orzamentos de 2026 por posible risco legal

Concello de A Merca
Concello de A Merca | Foto: Lucas Xosé

Os socialistas da Merca solicitan a suspensión do orzamento 2026 debido ao risco de responsabilidade penal e vulneración de dereitos. Os e as socialistas anunciaron a impugnación preventiva das contas ao considerar que o procedemento administrativo «nace viciado de nulidade de pleno dereito».

O voceiro do grupo municipal socialista na Merca, Carlos Sousa, compareceu no día de onte na comisión de Facenda para manifestar o seu «rexeitamento frontal» ao proxecto de orzamentos presentado polo goberno municipal do Partido Popular. Sousa baseou a súa intervención no informe xurídico de secretaría (expediente 143/2026), que advirte que a inacción do concello ante o risco de derrube de vivendas, xa advertido reiteradamente polo PSdeG en mocións de 2023 e 2025, que podería derribar en «responsabilidade patrimonial e incluso penal».

Segundo explica o voceiro socialista, o borrador do PP «apenas consigna 1.700 euros para esta fin», unha cantidade que cualificou de «ridícula e irresponsable», tendo en conta que o 20% do parque de vivendas do municipio presenta deficiencias graves.

Vulneración de dereitos fundamentais

A impugnación presentada polo PSdeG tamén sinala unha vulneración do artigo 23 da Constitución Española. O informe do secretario confirma que o bloqueo sistemático das mocións da oposición sobre seguridade pública supón un ataque ao dereito de participación política. «Ditaminar hoxe estes orzamentos sen ter debatido antes as propostas de seguridade é afondar nunha ilegalidade que invalida todo o proceso plenario», afirmou Sousa.

Accións legais e emenda á totalidade

Ante a gravidade dos feitos, Carlos Sousa solicitou formalmente a suspensión do trámite plenario. O voceiro socialista sinala que, ao retirarse o proxecto, o PSdeG vén de rexistrar unha emenda á totalidade de devolución.

«Non podemos ser cómplices dunhas contas que o propio secretario vincula cun posible abandono de funcións», apunta Sousa. «Se o PP aproba estes orzamentos coa súa maioría, presentaremos alegacións e impugnaremos o documento por vía xudicial para protexer o patrimonio do concello e a integridade física dos nosos veciños e veciñas», conclúe o voceiro socialista.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad