O PP de Ourense pide ao Goberno e a Renfe que rectifiquen os horarios “irracionais” do AVE

Viaje en AVE tren
Ave

Os deputados do Partido Popular no Congreso pola provincia de Ourense, Celso delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, presentaron hoxe unha nova iniciativa parlamentaria na que insisten en pedir ao Goberno e a Renfe que rectifiquen os novos horarios «irracionais» do AVE que se porán en marcha a partir deste luns, 9 de xuño, e que suporán a supresión de paradas na estación da Gudiña-Porta de Galicia.

Unha perda de servizos, apunta Celso Delgado, que impedirá aos usuarios desta estación chegar a Madrid nunha viaxe matinal, sen posibilidade algunha de realizar xestións pola mañá, e dispoñer de tan só catro horas na capital se queren regresar no mesmo día aos seus lugares de residencia, pois o último tren con parada na Gudiña sairá as seis da tarde.

«Non teñen xustificación estes cambios horarios para reducir 10 minutos nunha viaxe de catro horas», critica o deputado popular, privando de paradas intermedias a usuarios de Vilagarcía, A Gudiña, Sanabria, Medina do Campo e Segovia. Ademais, apunta Delgado, o caso ourensán afecta a seis comarcas ourensás e portuguesas.

Os enormes investimentos realizados na alta velocidade foron pensados para «satisfacer as necesidades de mobilidade da colectividade, pero tamén desde o punto de vista da solidariedade», denuncia Celso Delgado, polo que «os intereses dalgúns non poden ir en detrimento de moitos».

Os deputados fan un último chamado ao Goberno e Renfe para que rectifique estas inxustas decisións contra as que xa se manifestaron por unanimidade de todos os grupos políticos a Deputación de Ourense, ademais de concellos das comarcas afectadas, asociacións, plataformas veciñais, colectivos empresariais e sindicatos.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad