O PP de Ourense contará con 77 compromisarios no Congreso Nacional de Madrid

Partido Popular
Partido Popular

O Comité Executivo do Partido Popular de Ourense puxo hoxe en marcha os trámites para a elección dos militantes que representarán á formación popular no Congreso Nacional Extraordinario convocado para os días 4, 5 e 6 de xullo en Madrid. Os afiliados de toda a provincia, a través das 92 agrupacións locais, terán que elixir un total de 77 compromisarios.

A delegación ourensá dividirase entre 11 compromisarios natos, é dicir, o presidente provincial, deputados e senadores, e os membros da Xunta Directiva Nacional do PP. Haberá ademais dous representantes da organización xuvenil Novas Xeracións, que se escollerán entre todas as agrupacións da provincia, e a representante do Partido Popular en Panamá, Mariela Estévez.

Os restantes 64 compromisarios elixiranse entre todas as comarcas: 10 en Ourense; 9 na Limia; 8 en Verín; 6 en Celanova e O Carballiño; 5 no Ribeiro e Valdeorras; 3 na Baixa Limia; 2 en Allariz-Maceda e Viana; e 1 nas comarcas de Trives e Caldelas, respectivamente.

Unha vez concluído o pasado venres o prazo de sinatura de avais para os precandidatos, así como aprobada a repartición do número de compromisarios, o seguinte paso será a convocatoria oficial das asembleas de votación, tanto para a elección de compromisarios como dos representantes de Novas Xeracións (no caso de haber máis candidatos que prazas), ademais da votación aos precandidatos á presidencia nacional do PP.

O Comité Executivo acordou que as asembleas de votación celebraranse simultaneamente o día 16 de xuño nas doce comarcas da provincia, tanto nas sedes locais como nos lugares habilitados para estas convocatorias, en horario de mañá e tarde.

LUIS MENOR: “UN CONGRESO PARA AFRONTAR A TRANSFORMACIÓN DO PAÍS”

Na reunión desta tarde, o presidente provincial, Luis Menor, puxo en valor a capacidade do PP de Ourense, “sempre listo para afrontar calquera tipo de convocatoria, sexa de partido ou electoral”. Con todo, para Luis Menor este próximo congreso nacional permitirá demostrar a forza dun partido que está “chamado a liderar o cambio”. Unha oportunidade para expresar “a nosa firme crenza en valores como a honestidade, a coherencia, a dignidade e o respecto á cidadanía”. Cun partido unido, forte e consolidado, como se verá neste conclave, engadiu Menor, “poderemos afrontar a transformación do país”.

CONGRESOS LOCAIS

Precisamente, o presidente provincial subliñou que con eses mesmos obxectivos de unidade, fortaleza e consolidación estanse a celebrar congresos locais por toda a provincia. 

O Comité Executivo aprobou esta tarde a convocatoria de dous congresos máis: Leiro (28 de xuño) e Cualedro (10 de xullo). Estas citas súmanse aos outros dez congresos locais xa convocados. Logo da celebración dos conclaves dos Blancos, Bande, Vilariño de Conso e San Xoán de Río, nos próximos días será a quenda de Monterrei, Sarreaus, San Amaro e Piñor.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad