O grupo socialista reafirma o seu compromiso co barrio do Peliquín tras o «abandono do alcalde»

Peliquín
Peliquín

O Grupo Municipal Socialista acusa ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, de utilizar a resposta de ADIF sobre o paso a nivel de Peliquín «para facer propaganda e tratar de salvar o seu propio fracaso».

O Concello deu o visto bo ao proxecto, obviando as alegacións presentadas pola asociación de veciños de Peliquín, e que nese momento, co seu prace, púxose en marcha o procedemento de licitación por parte do Goberno de España para unha obra a todas luces imprescindible para o barrio, cun gran investimento económico.

Dende o primeiro día, o PSdeG-PSOE actuou con responsabilidade, apoiando á veciñanza de Peliquín e reclamando unha solución máis segura e axeitada para o barrio, malia ser conscientes de que se chegaba tarde por culpa da inacción do goberno municipal. «Fixemos o que había que facer: estar do lado da xente e presionar ante quen fixera falta, sen enganar a ninguén nin buscar titulares fáciles».

O alcalde está a utilizar unha resposta administrativa de ADIF como arma política contra o Goberno de España, mentres oculta a súa incompetencia e falta de xestión. O Goberno progresista de Pedro Sánchez foi nestes últimos anos o máis investidor da historia de Ourense. Non imos consentir que manipule á veciñanza para tapar os seus erros».

«Xa está ben de victimismo e de manipulación. Agora que ADIF confirma que non vai modificar a súa proposta, Jácome pretende presentarse como o gran defensor da veciñanza cando foi o primeiro en deixalos tirados, agochando que o Concello non exerceu a súa responsabilidade institucional no momento clave»

O Grupo Municipal Socialista reafirma o seu compromiso co barrio de Peliquín e cos ourensáns: «seguiremos defendendo solucións útiles, seguras e xustas, sen trampas nin enganos. Ourense merece un alcalde que xestione, non un que se esconda detrás de pancartas e discursos baleiros cando xa non hai volta atrás».

Ademais, os socialistas agradecen expresamente ao subdelegado do Goberno en Ourense o seu traballo e colaboración permanente con todas as forzas políticas e coa veciñanza de Peliquín, demostrando unha vez máis que o diálogo e a cooperación son a mellor ferramenta para defender os intereses da cidade.

O alcalde está a utilizar unha resposta administrativa de ADIF como arma política contra o Goberno de España, mentres oculta a súa incompetencia e falta de xestión. O Goberno progresista de Pedro Sánchez foi nestes últimos anos o máis investidor da historia de Ourense. Non imos consentir que manipule á veciñanza para tapar os seus erros».

O Grupo Municipal Socialista reafirma o seu compromiso co barrio de Peliquín e cos ourensáns: «seguiremos defendendo solucións útiles, seguras e xustas, sen trampas nin enganos. Ourense merece un alcalde que xestione, non un que se esconda detrás de pancartas e discursos baleiros cando xa non hai volta atrás».

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad